in ,

Teatro Ensalle de Vigo estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill

'Sin la soga al cuello' de Gonzalo Cunill. Teatro Ensalle, 2022.0
'Sin la soga al cuello' de Gonzalo Cunill. Teatro Ensalle, 2022

Esta fin de semana (28, 29 e 30 de xaneiro) a compañía Ensalle Teatro estrea, na súa sala da Rúa Chile de Vigo, Sin la soga al cuello.

A compañía, nacida en Madrid en 1995 e afincada en Vigo desde o 2003, adoitaba, nos últimos anos, utilizar, para as súas creacións contemporáneas, textos de Pedro Fresneda e integrarse a outros compañías e artistas estatais, dentro da experiencia denominada “Canchales”. Nesta última peza Ensalle incorpora ao seu repertorio un texto de Gonzalo Cunill, actor fetiche nalgunhas das producións máis aclamadas de Rodrigo García, tamén traballou como actor, a principios dos anos 90, con Carlos Marquerie e, posteriormente, en varias montaxes con Jan Lawers na Needompany, coa que estivo na última MIT Ribadavia 2021, coa peza Billy’s Violence. Tamén traballou con Carlota Subirós e Alex Rigola, entre outras, alén dunha considerable carreira, como actor, no audiovisual e no cinema.

Sin la soga al cuello, de Ensalle Teatro, vainos descubrir a escrita teatral de Gonzalo Cunill, como dramaturgo, quen xa fixera labores de dramaturxia na adaptación de King de John Berger, para a peza dirixida por Carlota Subirós, que se estreara en Temporada Alta (2006) de Girona, ou, máis recentemente, a adaptación que fixo, xunto a Juan Navarro, para o Teatre Lliure, en 2020, do relato de David Foster Wallace titulado En lo alto para siempre.


Publicidade

Sin la soga al cuello é unha peza que xira en torno ao concepto de carencia, como ferida: “Aínda que pareza mentira, a carencia é un territorio ocupado. Non ten nada que ver coa placidez do baleiro, onde podemos colocar desexos, actividades, encontros e obxectos de variada textura e matizadas cores. A carencia é a ferida que sangra a pesar de estar cicatrizada, un toque de queda na metade da noite tremente.”

No escenario actúan Raquel Hernández, Artús Rei e o propio Gonzalo Cunill, quen tamén asume a dirección. Pedro Fresneda fai o deseño de luces e bota unha man na dirección.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fefa Noia. Foto Academia de las Artes Escénicas

Profesionais das artes escénicas poden concorrer ás bolsas da Xunta e Fulbright para estudos nos EEUU

Tanxugueiras Benidorm Fest |

There are no borders