in

Profesionais das artes escénicas poden concorrer ás bolsas da Xunta e Fulbright para estudos nos EEUU

Fefa Noia. Foto Academia de las Artes Escénicas
Fefa Noia. Foto Academia de las Artes Escénicas

Cinco profesionais galegos da cultura poderán completar a súa formación nos Estados Unidos ao abeiro do programa de bolsas convocado pola Xunta de Galicia e a Comisión Fulbright. Trátase da segunda edición destas axudas, que converteron a Galicia na primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo desta características con esta comisión.

Poderán participar nesta iniciativa as persoas que teñan conexión con Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo e deberán completarse na web da entidade.

A convocatoria ten como obxectivo redundar tanto na mellora da calidade do traballos das persoas seleccionadas como na súa proxección a nivel galego, estatal e internacional. Así mesmo, contribuirán a promocionar e divulgar o patrimonio e a cultura de Galicia. 

Ademais da anterior edición desta convocatoria, da que se beneficiaron outros cinco profesionais da cultura, nos últimos trinta anos participaron en iniciativas da Comisión Fulbright outra decena de profesionais que supoñen un exemplo de excelencia académica, creativa e profesional como o artista Francisco Leiro, o pintor Din Matamoro ou a dramaturga Fefa Noia.


Publicidade

Cobertura

O orzamento total da convocatoria ascende a preto de 200.000€, dos que a Xunta de Galicia achega case o 75%. As bolsas estarán destinadas a gastos de viaxe, manutención do bolseiro, gastos de proxecto, de matrícula e taxas obrigatorias que poidan existir, así como gastos de xestión. Pola súa banda, a achega da Comisión Fulbright cubrirá os gastos de cobertura médica e de accidentes dos bolseiros durante a súa estancia no estranxeiro, entre outros.

Así mesmo, será Fulbright a encargada de preparar e xestionar a convocatoria e o proceso de selección dos bolseiros. Deste xeito farase cargo da xestión de visados, de ofrecer sesións de orientación en España e de facilitar unha rede de apoio nos Estados Unidos. Ademais, os bolseiros poderán participar en seminarios culturais e científicos organizados por Fulbright e, unha vez rematada a súa estadía, formarán parte da rede de antigos alumnos Fulbright do U.S. Department of State.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aarón Navia

Aarón Navia dirixirá a Compañía de Teatro da USC en Lugo

'Sin la soga al cuello' de Gonzalo Cunill. Teatro Ensalle, 2022.0

Teatro Ensalle de Vigo estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill