in

Aarón Navia dirixirá a Compañía de Teatro da USC en Lugo

Aarón Navia
'Un hombre muerto a puntapiés', de Aarón Navia. Imaxe de Amaury Martínez.

Aarón Navia será o encargado de dirixir a Compañía de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo. O actor, que regresou o ano pasado a Galicia despois vinte anos en Madrid, Arxentina e Ecuador, volve tamén deste xeito á experiencia de dirixir un grupo universitario, como fixera no comezo da súa carreira co grupo do Colegio Mayor San Juan Evangelista, o mítico Johnny de Madrid.

A súa proposta pasará por levar o grupo dende o xogo”. “Son partidario de que os actores non estean atados á súa personaxe, evidenciar co público o xogo no que participamos, comenta. Así o fixo el na peza Un hombre muerto a puntapiés (2018), na que despregou con oito personaxes distintas o relato do escritor ecuatoriano Pablo Palacio, e coa que xirou por América Latina. Aarón destaca esa obra coma un dos fitos da súa carreira, así como a de Hamelin, de Juan Mayorga, na que actuou baixo a dirección de Andrés Lima para a súa representación en Ecuador.

Na Compañía de Teatro da USC traballará coa obra Historias para ser contadas, do dramaturgo arxentino Osvaldo Dragún, unha obra chave do teatro latinoamericano. Trátase de catro micropezas que, próximas ao teatro de Bretch, desenmascaran as alienacións ás que somete o sistema capitalista e patriarcal.


Publicidade

As xornadas de portas abertas serán os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, de 20.00 a 22.00 horas na Aula de Teatro e Danza da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo. Aarón Navia convida a “achegarse e explorar a maxia do presente e da respiración compartida nestes tempos tan difíciles para o contacto”.

Imaxe do cartel da Compania de Teatro da USC en Lugo |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tanxugueiras. Foto Rocío Cibes.

Laura Iturralde e Fran Sieira acompañan as Tanxugueiras para chegar a Eurovisión

Fefa Noia. Foto Academia de las Artes Escénicas

Profesionais das artes escénicas poden concorrer ás bolsas da Xunta e Fulbright para estudos nos EEUU