in

Falece o actor Pedro Brandariz tras unha indisposición nunha función escolar

Pedro Brandariz
Pedro Brandariz

O popular actor Pedro Brandariz faleceu esta mañá aos 44 anos cando ía representar unha función escola en Oleiros. Segundo informou a axencia EFE, sufriu unha indisposición e, a pesar de que os servizos de emerxencia acudiron á zona, o humorista non puido recuperarse. O alumnado pensaba que formaba parte da actuación.

O humorista tiña unha ampla experiencia nos escenarios galegos e tamén na televisión, onde era habitual do programa da TVG Luar. No seu currículo, Pedro Brandariz  presentouse como humorista, actor, clown, monologuista, contacontos e cabaretista, con capacidade para achegarse ao humor desde diferentes ámbitos, xa fosen a narración oral, o teatro ou o cabaré.

Brandariz foi o impulsor de moitas webseries en Galicia dendeo o ano 2016. Destacando producións como Galicia Crime, Peter BrandonAntolepsia, Dinosaurio ou Mataría.

Conmoción na profesión

Varios compañeiros de Brandariz quixeron mostrar o seu pesar nas redes sociais polo pasamento do cómico. Non foron poucos os que subliñaron o carácter aberto e divertido do protagonista de Jacinto, película dirixida por Javi Camino pola estaba nomeado a mellor actor protagonista nos Premios Mestre Mateo deste ano.

A Consellería de Cultura amosou o seu “lamento” a familiares e amigos, e a Academia Galega do Audiovisual recibiu con “asombro” a noticia da súbita morte do seu asociado. Tamén o programa Luar, do que foi colaborador habitual os venres na TVG, publicou o seu pesar en Twitter: “Pedro Brandariz marchou e non temos palabras para describir o baleiro que deixa”.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'La Liberté guidant le peuple' (1830) de Eugène Delacroix.

O conto do progreso

Irene Moreira |

Primeiras citas en tempos de Tinder e a composición escénica