in ,

A MITCFC inaugura a súa 39ª edición cunha homenaxe especial a Lino Braxe

Falece Lino Braxe
Imaxe de Eduardo Castro Bal

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC, inicia hoxe ás 19.00 horas a súa 39ª edición cunha homenaxe especial a Lino Braxe. Os actos inclúen a inauguración da exposición da súa obra plástica e poemas visuais, a presentación do seu libro póstumo Poemas Guardados, ás 19.30 horas,  o espectáculo poético-musical Poeta nas ondas, ás 20.00 horas, e ás 22.30 horas a súa peza Eurovisión. O fake show.

Esta última irá precedido pola lectura do pregón inaugural, da man da actriz, dramaturga e directora Clara Gayo, que dirixe Paxaros no Cabo, de Pistacatro, en coprodución coa MITCFC que se estreará o venres 1 de xullo, no Pavillón Municipal de Romarigo.

 


Publicidade

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Mesa plan integral para a danza |

A Agadic acorda co sector as medidas que desenvolverá o plan integral para a danza de Galicia

Amantis de Rebordelos

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas