in ,

O circo (tamén) encheu as rúas portuguesas no 8º Festival Vaudeville Rendez-Vous

Festival Vaudeville Rendez-Vous Mort de riure

Promovida polo Teatro da Didascália, o Festival Vaudeville Rendez-Vous  encheu de espectáculos, as rúas de Barcelos, Braga, Famalicão e Guimarães durante unha semana.

Entre 18 e 23 de xullo, as artes do circo viviron nos distintos espazos públicos das cidades pertencentes ao Quadrilátero Cultural: Barcelos, Braga, Famalicão e Guimarães. E ao longo desa semana, polo Festival Vaudeville Rendez-Vous pasaron máis de 5.500 persoas, que desfrutaron dos distintos espectáculos e a participación nos talleres de creación, masterclass e nas sesións de pitching. A oitava edición da iniciativa, que tivo como obxectivo reflexionar sobre o espazo público, presentou un total de 11 espectáculos. Deles cinco foron estreas portuguesas, dúas coproducións e sete espectáculos internacionais, contando así coa participación de 44 artistas portugueses e internacionais.


Publicidade

Para Bruno Martins, membro da dirección do Teatro da Didascálica, “é unha enorme satisfacción ver, ano tras ano, a cultura a ser vivida libremente no espazo público, levando estas artes, como é o caso da circense, a todo o tipo de públicos e xeracións”. “Teño que destacar o enorme e pleno envolvemento das máis de oito decenas de persoas, entre artistas, técnicos e entidade organizadora, que permitiron que a oitava edición do festival fose, unha vez máis, un éxito”, afirma o responsable.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

The Globe Theatre Londres

Desde Londres

Performance María Roja Ciclo Mexer

O Ciclo MEXER de performance de Lugo contará con María Roja, Noel Quintela e Ariezzz