A 5ª edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador, PLATTA, arranca hoxe no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo. O festival abre con Baú dos Malvados, da Companhia de Teatro de Santo Tirso, esta tarde, ás 19.00 horas portuguesas, na Sala Experimental do Teatro Municipal Sá de Miranda.
Mañá, sábado 17, tamén ás 19.00 horas, a compañía Métrica Pura de Castela e León presentará a peza 5 segundos y 120 kilos, tamén na Sala Experimental. O domingo, día 18, ás 12.00 horas, desenvolveranse as lecturas dramatizadas do texto O Pequeno Ogro, de Suzanne Lebeau, en galego, en portugués e en castelán.
O festival rematará ás 16.00 horas, coa posta en escena de Lonxe dos teus abrazos, do Teatro do Ar, de Galicia, na Sala Experimental. Todos os espectáculos teñen entrada gratuíta mediante a retirada da entrada no despacho de billetes do Teatro Municipal Sá de Miranda.