in

Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia

Inscribíronse 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición

Premio María Casares
O trofeo dos Premios de Teatro María Casares. Imaxe de LaDiapo

Os Premios de Teatro María Casares veñen de rexistrar a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Este récord na inscricións acádase na segunda edición na que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. Na última década, tan só se superou a cifra de corenta espectáculos participantes no 2017, ano no que concorreron 44 montaxes, e no 2015, que contou coa presentación de 43.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que organiza os galardóns dende a súa posta en marcha en 1997 coa colaboración de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación Aisge, a Fundación SGAE ou Gadis, abrirá mañá mércores a primeira quenda de votacións. Dela sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir o seus votos de forma telemática a través da web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) até o venres 9 de febreiro nesta primeira rolda de votacións. Este censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturais e outros perfís vencellados á nosa escena. A relación de finalistas darase a coñecer na terceira semana de febreiro, durante a xa tradicional Festa de Finalistas dos Premios de Teatro María Casares.


Publicidade

 

Espectáculos inscritos

  Espectáculo Compañía
1 A fábula de Vila Chá Mircromina
2 Á luz do día. Nalgún lugar do mundo, a algunha muller Serea Teatro
3 A Nai Amorodio Teatro
4 A teteira de Kabul Xarope Tulú
5 Ándale, Bon appêtit! Teatro Ghazafelhos
6 As Damas de Ferrol Teatro do Noroeste
7 Asfixia Vórtice Escénico
8 Backstage NegroLópez
9 Backup. A Resurrección de Nuno De Ste Xeito Producións
10 Bailar no ceo Xerpo
11 Blues de Medianoite-versión estendida Laboratorio Escénico
12 Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas) Sal do Teatro
13 Cabicivai Os contos de Pablísimo
14 Cantamos con Rosalía? Luís Vallecicllo
15 Códice K Ainé
16 Coliño A xanela do Maxín
17 Corentena Ainé
18 Crisálida Caramuxo Teatro
19 Deadpan Karaoke Ibuprofeno Teatro
20 Entrega en man Contraproducións
21 Frida A Cova das Letras
22 Frío A Feroz
23 Hamelin Rerdum Teatro
24 Historia dunha nena nomarada do mar O sol de outono Teatro
25 Insubmisa Antagonista Teatro
26 Iphixenia na porta do súper Compañía Humana
27 Kyoki Elefante Elegante
28 Made in Galiza Sarabela Teatro
29 Menu-do día Colectivo CBV
30 Mosca Ártika Cía.
31 Mozas nas redes aAntena
32 Nanai da China Pérez&Fernández
33 O Auto do Castromil Producións Teatráis

Excéntricas

34 O pequeno poni Redrum Teatro
35 O rapto da Befana Olivas Negras
36 O refuxiado Stracciatella Teatro
37 Picassos Animados Títeres Cachirulo
38 Que din as Rumorosas Maquinarias Teatro
39 Revolta Cía. Juanito&Filomena
40 ‘Selkie’. A lenda do Mar do Norte Luis Vallecillo
41 Shakespeare en Roma Centro Dramático Galego
42 Síbaris Condetrespés
43 Sofá martaalonsotejada
44 Treboada Nauta
45 Un hotel de primeira sobre o río Centro Dramático Galego
46 Unha inimiga do pobo Talía Teatro
47 VOX POPULI Malasombra

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IRIBARNE © Geraldine Leloutre

Iribarne

Imaxe cartel 'Non é unha canción' da Cía. Souvenir.

O Teatro Rosalía Castro acolle este venres 26 de xaneiro a estrea absoluta de ‘Non é unha canción’, da compañía Souvenir