in ,

A Biblioteca Municipal de Carballo acolle a estrea de ‘Vicki e a felicidade’

É o novo espectáculo para público familiar da compañía Bandullo Azul

Vicki e a felicidade Bandullo azul Culturactiva 1
'Vicki e a felicidade', de Bandullo Azul. Foto de Culturactiva.

A Biblioteca Municipal de Carballo será mañá, 24 de abril, o escenario para a estrea de Vicki e a felicidade, o novo espectáculo da compañía Bandullo Azul, no marco da XVII Semana do Libro e a Lectura de Carballo. Farán representacións da obra: dúas pola mañá, dirixidas a centros escolares, e unha terceira aberta ao público familiar, ás 18.00 horas.

As persoas que desexen asistir a esta última función poderán reservar o seu convite no teléfono 981 758 580. Vicki e a felicidade conta a historia dun neno a quen lle encanta bailar e cantar, pero vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da súa aldea. Será unha viaxe chea de personaxes curiosos, onde a vida de Vicki e a dos seus veciños e veciñas mudará para sempre. Vicki e a felicidade é “a viaxe iniciática dun neno que está descubrindo o mundo e as emocións que nel habitan; chea de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que isto é o que consegue mellorar a vida das persoas”.


Publicidade

Vicki e a felicidade é un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, con dirección de Marcos Orsi e protagonizada por Fran Campos e Fran Ameixeiras. Eles forman Bandullo Azul, unha compañía que comezou a súa andaina en 2012, e que propón obras que mesturan teatro e clown, monicreques e música en directo. Nestes doce anos de traxectoria, percorreron escenarios e festivais de toda Galicia e Portugal con obras como Fazulas e o ladrón de paraugas, Mestre ma non troppo ou Filipa cos contos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Moviendo montañas' de Alberto Velasco. 37 Dansa València.

O corpo que roxe en Dansa València

Axudas REGA 2023 Foto de Rocío Cibes

A Xunta abre unha nova convocatoria das Axudas REGA a proxectos artísticos