in , ,

Avelaíña Teatro estrea ‘As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi’

Este venres, día 7 de xuño, en Ribadeo

Avelaíña Teatro As máscaras de Ibáñez.
Ensaio d'As máscaras de Ibáñez', de Avelaíña Teatro.

Coincidindo coa cuarta edición das xornadas de Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Turismo de Ribadeo, Avelaíña Teatro estrea As máscaras de Ibáñez. O Marques de Sargadelos que nunca foi. A representación será este venres, día 7 de xuño, ás 20.30h no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.

A obra, sétima produción de Avelaíña Teatro, é un monólogo escrito por Xabier Fernández e Antón Lamapereira. “E aquí estou. Pasaron 215 anos…É de xustiza ter a ocasión de reivindicar a miña memoria. Así fala o noso personaxe. O teatro fai posible darlle voz ao ausente para que a súa verdade irrompa no escenario. E isto foi o que nos moveu a crear o personaxe de Ibañez. A súa figura histórica como rico comerciante e artífice en Sargadelos, Galicia, dos primeiros Altos Fornos de España, está tan rodeada de loias e mentiras que quixemos darlle esa posibilidade”, explican.

“Porque morreu asasinado. Aconteceu en Ribadeo o 2 de febreiro de 1809, na data de entrada na vila das tropas asturianas que viñan liberala da ocupación francesa. Foi a consumación dunha vinganza anunciada”, engaden arredor da figura na que se basea a peza.

Antes da representación, ás 18.15 horas, no Salón de Plenos do Concello está prevista a presentación do libro co mesmo título, editado por Edicións Invasoras.

Portada libro As máscaras reducida.

Ficha artística e técnica.

Intérprete: Xabier Fernández.


Publicidade

Dirección: Antón Lamapereira.

Texto: Xabier Fernández e Antón Lamapereira.

Axudante dirección, son, luces e proxeccións: Miguel Martín.

Música: Mercedes Moreno.

Caracterización: Laura Rey e Iria Alfaya.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ensaio Dique foto Vanessa Rabade

Nova Galega de Danza estrea ‘Dique’

foto eclipsetotal 5

A MIT de Ribadavia desvela o programa da súa 40ª edición