in , ,

Vilagarcía de Arousa acolle o Festaclown

Arrancou onte e desenvolverase ata o 24 de agosto

7 Bubbles
'Burbulla', de 7Bubbles. Foto de Rocío Cibes.

Hoxe comezan os días grandes do Festaclown, o festival organizado por Culturactiva, co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a colaboración de Pallasos en Rebeldía, o Inaem e a Xunta de Galicia, que arrancou onte en Vilagarcía e que se desenvolverá ata o próximo día 24 de agosto. Pola mañá, estarán a animar as rúas da cidade Igualarte, Con Eles e Tchyminigagua co espectáculo Animarte. Culturactiva producións estará tamén na Praza de Ravella as 12:30 horas animando a nenos, nenas e maiores co seu espectáculo Máis Saaabor!

Pola tarde, comeza o Certame Festaclown con 7Bubbles e o seu espectáculo Burbulla, “unha louca comedia de pompas de xabón onde o público é protagonista clave”. Con este show, inícianse unha serie de actuacións que se someterán ao ollo crítico do público, que poderá valoralas para decidir o final do festival quen leva o Premio do público deste ano.

Tchyminigagua serán os encargados de pechar o día as 21:00 horas na praza da II República co seu espectáculo Sueños Encantados, o cal “trae imaxes de festa e carnaval, a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida”.


Publicidade

Consulta aquí o programa completo do festival.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Nada se sabe' do CDG e Culturactiva. Estrea na 40ª MIT Ribadavia. Foto: Rosinha Rojo.

‘Nada se sabe’ ou sábese pouco

CUBO Elefante Elegante

29ª edición de Sementes: Paseando polo Parque da Paz de Almada