in , ,

O FIOT de Carballo acolle unha nova edición das xornadas profesionais de Escena Galega

Estas centraranse na abordaxe das artes escénicas profesionais e os públicos, dende diferentes eixes temáticos

Xornadas Escena Galega 2022
Imaxe das Xornadas profesionais de Escena Galega celebradas en 2022. Foto de Aigi Boga.

O Pazo da Cultura de Carballo será o escenario, un ano máis, das xornadas profesionais de Escena Galega. A súa nova edición desenvolverase o vindeiro martes 22 de outubro dentro do marco do FIOT de Carballo,  baixo o título As artes escénicas profesionais e os públicos: do concepto de espectador ao de comunidade arredor da escena.

Estas xornadas, organizadas por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, dende hai quince anos, son un punto de encontro anual que se converteu nun foro estable de debate, reflexión e traballo sectorial para as artes escénicas profesionais en Galicia. Esta edición, conta, como nos anos anteriores, co financiamento da Deputación da Coruña e co apoio do FIOT de Carballo, que está a celebrar a súa 33ª edición.

Os eixes temáticos das xornadas xirarán arredor das relacións entre a escena galega profesional e o mundo educativo, dos públicos e os non públicos e como achegarse a eles e elas, das relacións ente a escena amadora e a profesional; de facer teatro (e danza e circo e maxia) e ver teatro (e danza e circo e maxia); dos programas de mediación como parte indispensable das programacións
escénicas, para ir alén do público espectador; da oferta escénica máis alá das cidades e vilas, para a poboación do medio rural; e dos retos inmediatos na comunicación cultural centrada no sector das artes escénicas.

Inscrición gratuíta

A actividade está aberta a calquera persoa relacionada ou interesada nas artes escénicas profesionais en Galicia, ben de xeito profesional ou amador, ou en calquera dos temas que se van tratar. A asistencia é gratuíta pero require inscrición previa, que debe realizarse nesta ligazón ata o luns 21 de outubro ás 14.00 horas.
O horario de desenvolvemento da actividade é de 9.30 a 18.30 horas, cunha pausa a media mañá e outra á hora do xantar. A inscrición inclúe a pausa-café e o xantar compartido e o formato das mesas de debate pretende ser participativo, con quenda de intervencións do público asistente en cada unha delas.

Programa completo das Xornadas profesionais de Escena Galega

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cartaz para o Entroido do Nou Barris barcelonés, deseñado por Sara Carcasona.

Ha, ha, é gai, que gracioso

'Lémbrame. Spominaj na mnje’. Foto de Roman Kory.

O Galicreques acolle a estrea de ‘Lémbrame. Spominaj na mnje’