O espazo de experimentación e exposición escénica Microescena Lab abre a convocatoria para a súa tempada 2024/25. Esta é unha iniciativa de Hurlé prods. e A Morada Cooperativa, formulada para que creadoras escénicas poidan probar e desfrutar co público os seus procesos artísticos.
O evento consiste na mostra de catro pezas de carácter escénico, en proceso de creación, e cunha duración aproximada de quince minutos. As propostas amósanse de xeito simultáneo, nas diferentes zonas de A Morada Cooperativa, na cidade de Vigo, nun venres de finais de mes, cada dous meses. A próxima xornada terá lugar o día 29 de novembro.
As bases da convocatoria atópanse na páxina web de Hurlé prods. Amais, as compañías e artistas que queiran participar nesta próxima edición deberán encher o formulario antes do día 7 de novembro. A convocatoria está tamén aberta para as seguintes edicións que serán en xaneiro, marzo e maio do ano 2025.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



