in

O Teatro Gorrilla celebra unha nova edición do seu festival

Os bares de Churruca, en Vigo, acollen hoxe cinco propostas escénicas

La Mona de seda MdeVicente reducida
'La Mona de seda', de María de Vicente.

O barrio vigués de Churruca acolle hoxe unha nova entrega do festival organizado por Teatro Gorrilla, seguindo co seu obxectivo de converter os bares da zona en salas de teatro alternativas, acollendo 5 propostas escénicas en 5 espazos diferentes.

Comezará ás 18 horas no Tinta Negra (Rúa dos Irmandiños, 2); continuará ás 19 horas na Cantina Candela (Rúa Martín Códax, 12); proseguirá ás 20 horas na Sala Kominsky (Rúa dos Irmandiños, 3); ás 20.30h desprazarase ata A Casa de Arriba (Rúa Martín Códax, 23) e ás 21.30 horas rematará no Arco da Vella (Rúa Churruca,2).

A presentación que fan das artistas participantes non é a orde na que van actuar, xa que dende o festival convidan a que se asista a todo e non desvelan a hora e lugar de actuación que corresponde a cada artista ou grupo de artistas.

Artistas participantes


Publicidade

  • Combinación Imperfecta, que se estrean no Gorrilla co seu espectáculo Las varietés de Maika y Laika. Presentan un espectáculo que transforma o público en protagonista da man de Marte Martinka e Petra Porter
  • María de Vicente, acompañada do músico Duuma!, que amosará a súa peza de danza contemporánea La mona de seda, unha peza en proceso de creación coa axuda bienal do Festival Abanea.
  • Luar’t, que veñen con Madame Carmela, da man de Luis Vázquez e Nerea Rodríguez; un espectáculo de monicreques para adultos no que a protagonista experimentará os seus poderes divinatorios.
  • Avelino González, que chega ao Teatro Gorrilla para falar de mundos estraños con Viaxar a pé… por mundos estraños. O público non necesita camiñar”.
  • Colectivo do flow, co seu espectáculo de improvisación .

Entrada

A entrada aos espectáculos do festival será inversa. Ao saír o público fará unha achega monetaria, valorando por si mesmo no importe achegado o traballo das artistas e da organización, aínda que o Teatro Gorrilla recomenda un pago mínimo de 4 euros para cada peza, e de 20 euros para o festival completo.

O proxecto

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que levan a cabo Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña, e que pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian a arte a través de múltiples concertos”, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así,” visibilizar tamén novas propostas de artistas independentes” de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe da gala.

Bota a andar a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago

Parte do equipo da peza 'Bonecos', de Red Cloud Teatro de Marionetas, dirixida por Quico Cadaval. Fonte Diário de Aveiro

Quico Cadaval dirixe ‘Bonecos’, de Red Cloud Teatro de Marionetas