O director, dramaturgo, actor e narrador oral galego Quico Cadaval dirixe a nova produción da compañía portuguesa Red Cloud Teatro de Marionetas, que se estrea esta fin de semana en Aveiro. A peza combina o teatro de monicreques coa narración oral nunha proposta multidiscipinar baseada nos contos tradicionais de varios lugares do mundo.

Primeiras funcións
A Sala Estúdio do Teatro Aveirense acolle hoxe as dúas primeiras representacións de estrea: unha ás 16.00 horas e outra ás 21.30 horas, e albergará mañá, domingo 8 de decembro, un terceiro pase, ás 17.30 horas. As funcións están sinaladas en horario portugués (en Galicia corresponden a hora máis).
Sinopse
O espectáculo Bonecos absorbe varias influencias culturais a partir dun mergullo en contos de orixe africana e fragmentos de memorias arredor da cultura tradicional popular, con marionetas portuguesas, doutros países de Europa e africanas. A peza explora o teatro documental e contempla “novas” e “vellas” tecnoloxías, para un espectáculo multiformato, desenvolvido nun proceso evolutivo e circular entre todo o equipo.
Ficha artística e técnica

- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



