in

AdoroAdoro

Morraoconto debutou coa estrea de TROMSO

Foto: Morraoconto.
Foto: Morraoconto.

O pasado venres 21 de marzo, a compañía de teatro e artes do movemento MORRAOCONTO, formada por Miguel Gendre, Rafa Martínez e Lara Pouso, debutou co seu primeiro traballo escénico: TROMSØ na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) coas entradas esgotadas.

Esta peza vén de recibir unha subvención da Agadic á nova creación no pasado ano 2024.

SINOPSE

TROMSØ é unha reflexión en clave de humor sobre a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque; coa esperanza de atopar respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal. 

A PEZA

TROMSØ é unha proposta multidisciplinar. A través dunha linguaxe reflexiva e poética presenta danza, texto, visuais e máscaras para contar unha historia que nace dun lugar moi persoal e diverxe nunha variedade de temáticas que atravesan a todas as persoas de maneira universal.

Tromsø é definida pola compañía como unha viaxe e unha transformación, o tránsito á vida adulta e o paso por ela. “É un punto de inflexión no que nos decatamos do efémero e do importante que é estar vivos e acompañados.”

A peza viaxa co espectador dende Galicia a Escandinavia, facendo paradas vitais en Bergen, Lofoten e Tromsø, que invitan á reflexión sobre temas tan diversos e relacionados entre si como o medio ambiente, a evolución persoal, a beleza da arte e o futuro que deixamos para os que veñen detrás.

Foto: Morraoconto.
Foto: Morraoconto.

FICHA ARTÍSTICA:

Dirección, texto e dramaturxia: Rafa Martinez

Dirección de coreográfica e de movemento: Esther Latorre

Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga

Musica en directo: Julia Ammerman, Lucía Iglesias

Espazo escénico: MORRAOCONTO, José Faro “Coti”

Deseño de iluminación: José Faro “Coti”


Publicidade

Vestiario: MORRAOCONTO, Ana Gesto

Voz en off: Lidia Veiga

Animacións: Rafa Martínez

Máscaras: Rafa Rey

Deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez

Operador de Dron: Román Sanin

Agradecementos: Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Ana Gesto, Roberto Salgueiro, Manu Lago, Paula Quintas, Edu Iglesias, Pilar Martínez, Sheyla Fariña.

Co apoio de Xunta de Galicia e Concello de Ames

Colaboran: Concello de Santiago, Compostela Cultura, Concello de Arzúa, Concello de Vimianzo, Deputación da Coruña, CEMMA Cetáceos.

PRÓXIMAS PARADAS

4 ABRIL: Santiago de Compostela: Teatro Principal

12 ABRIL: Vimianzo. Casa da Cultura

16 MAIO: Lugo: Auditorio Gustavo Freire

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio', fotografia realizada por @jpaulopimenta. Imagens do ano 2024 dos fotojornalistas do jornal 'Público'.

En Serralves