A programación Primavera Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, acolle dende hoxe ata o vindeiro 11 de abril o XXXI Festival de Teatro Universitario de Lugo, coordinado por An González, directora da Aula de Teatro da USC- Lugo. O festival, que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inaugurarase esta tarde coa compañía de teatro USC-Lugo, que presentará a peza Voilá ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire, e incluirá nestes días un total de dúas actividades e cinco funcións.
Actividades
- 05/04 escaparArte
Accións escénicas e performance nos escaparates do centro histórico de Lugo, de 12:00 a 14:00 horas. - 06/04 Taller de creación con Nuria Sotelo
11:00 A 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas
Funcións
- 02/04 Voilà
20:30 horas | Auditorio Gustavo Freire
Compañía de teatro da USC – Lugo
Dirección: An González - 04/04 Danza de la vida breve, de Antonella Sturla
20:00 horas | Vello cárcere
Teatro el Mayal – ULE
Dirección: Javier R. de la Varga - 07/04 Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo, de Rodrigo García
20:30 horas. Auditorio Gustavo Freire
Compañía de teatro da USC
Dirección: Roberto Salgueiro - 09/04 Ludovico 2.5
20:30 horas. Auditorio Gustavo Freire.
Aula de Teatro do Campus de Ourense. Grupo Maricastaña. Universidade de Vigo
Dirección: Fernando Dacosta - 11/04 Cara de leoparda
20:00 horas. Casa do saber.
Compañía Vaites Vaites. USC – Lugo
Dirección: An González