in ,

Vilagarcía de Arousa acolleu unha nova edición do Festaclown

Desenvolveuse entre o pasado luns 18 de agosto e onte, 23 de agosto

O Mago Teto no Festaclown
'GaleRock 'n' Magic', do Mago Teto, no Festaclown. Foto de Rocío Cibes.

Esta semana Vilagarcía de Arousa converteuse no escenario da gran festa da risa grazas ao Festaclown, que se desenvolveu entre o pasado luns 18 de agosto e onte, 23 de agosto e que contou cunha programación enchoupada de humor e compromiso.

Arrancou o luns co espectáculo Minotauro, de Nacho Flores, e a gala Circo contra a Barbarie, a favor de Palestina, e pechou onte á tarde coa Cía A Tope e a súa proposta de teatro físico e circo  Shhhh! e co Mago Teto e o seu GaleRock ‘n’ Magic, un espectáculo que mestura maxia, humor e música galega en directo. 

A gala Circo contra a Barbarie estivo organizada xunto á ONG Pallasos en Rebeldía, formada por unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social, e contou coa actuación de artistas como Mercedes Peón, Mago Teto, Kote Malabar, Marta Iglesias e Zirko Txosko.

Polo festival tamén pasaron a actriz e narradora Alba de Vales, con Contos arredor da terra; Assircopatas, con Rogelio 3 (La Fête), da man de Dani Blanco; Marta Alonso Tejada, con Dance Join; o pallaso Henriko, con Circo Cambuche; Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizado por Félix Rodríguez; a narradora Vero Rilo, que estreou Desnortadas; A Vela Circo, con Enredos; o mexicano Abraham Arzate con El Romperécords; Asaco Producciones con Ridi Pagliaccio; Pérez & Fernández e o seu espectáculo Rosa e Azul; A Cova das Letras con Chafallas, da man de Cristina Collazo;  Circo Rojo, con Del Tingo al Tango;  Ghazafellos, con Historias para escaghariñarse; Garrapete Clown e a súa proposta Crescendo, e La Finestra Nou Circ, con Tranvía nº12.

Ademais, o Festaclown acolleu tamén unha función de Animart, unha proposta dos colectivos Igualarte e Con Eles, e outra de Clownssics, unha creación colaborativa entre Con Eles, Clámide Teatro e Artefeito Producións, baixo a dirección de Fran Rei.

O festival está organizado por Culturactiva, coa colaboración de Pallasos en Rebeldía, e contou co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a colaboración da Xunta de Galicia e do INAEM.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe do interior do Monkey Barrel Comedy de Edimburgo

Stand-up comedy en Edimburgo

Paula Quintas Cía. Foto: Miramemira.

Facer público | Sae o 109 da erregueté