Cris Balboa, creadora escénica galega de Cambados, presenta en Bruxelas, o vindeiro xoves 27 de novembro de 2025 no KVS (Koninklijke Vlaamse Schouwburg), a peza Roland Mon Amour, dentro do Festival Territorio, un escaparate europeo de artistas escénicos do Estado español seleccionados por Europalia.
Roland Mon Amour é unha autoficción musical que combina palabra, corpo, música en directo e humor para falar da identidade, da precariedade e do exilio interior da artista galega, entre o desexo de crear e a dificultade de facelo dende a periferia. A peza nace dunha traxectoria de máis de quince anos nas artes vivas e conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego, e a dramaturxia compartida coa mirada de Alberto Cortés.
En palabras da propia Cris Balboa: “A función en Bruxelas é unha oportunidade para compartir, fóra de Galicia e de España, unha voz escénica que nace do territorio, da lingua e das fendas culturais, pero que dialoga coa realidade europea: música e malestar, festa e vulnerabilidade, humor e resistencia.”
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



