A obra teatral Fábrica de Fume, publicada pola Editorial Elvira e impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG), dá un novo paso e preséntase en formato libro tras a súa experiencia como proxecto de teatro comunitario.
Despois da presentación o 8 de novembro na Asociación Évame Oroza de Vigo, nun vermú literario con lectura dramatizada e encontro co público. O libro viaxou a Arxentina, onde se celebraron dúas presentacións oficiais o 21 de novembro no Centro Cultural da Cooperación Floreal Gorini, espazo de referencia do pensamento crítico arxentino, e o 28 de novembro na Universidade Nacional de Lanús (UNLa), institución recoñecida polo seu compromiso coa cultura e os estudos contemporáneos. Un grupo de actores e actrices pertencentes ao histórico Centro Cultural Betanzos participarán do encontro realizando unha lectura dramatizada en lingua galega.
O libro recolle o proceso e os materiais xerados duranteunha peza teatral creada coa comunidade e desde acomunidade. A obra parte dunha reflexión colectiva sobrea transformación industrial, a perda de tecido laboral e oscambios sociais que afectan ás familias, aos oficios e á convivencia.
A través de relatos persoais, escenas corais e fragmentospoéticos, Fábrica de Fume constrúe unha narración sobreo cotián, a fraxilidade, o sentido de pertenza e as formasnas que unha comunidade se organiza para resistir ereinventarse. O resultado é un retrato íntimo e colectivoao mesmo tempo, que ilumina historias universais a partirde experiencias locais.
Fábrica de Fume xorde da colaboracióndo CDG coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) no marco do proxecto europeo Phoné, destinado a visibilizar o teatro amador en linguas minorizadas.
O éxito da iniciativa motivou a súa continuidade na tempada seguinte, baixo a dirección e dramaturxia de Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte, afondando no diálogo entre arte, industria e traballo e nunha firme aposta polo comunitario.
- O CDG e Contraproducións inician a xira de ‘Memorias dun neno labrego’ - 29/01/2026
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026



