in ,

Celébrase a gala dos II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego

O Salón Teatro acollerá o evento, organizado pola Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), hoxe 30 de novembro, ás 20:00 h

Imaxe: CirKote. Culturactiva.
Imaxe: CirKote. Culturactiva.

A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) celebra este domingo 30 a II edición dos Premios Manu Lago, a cita anual que recoñece o talento, a traxectoria e a calidade do circo contemporáneo galego.

Nesta edición entregaranse tres galardóns:

Mellor Espectáculo de Rúa

Nomeados:

  • Chungo que te cagas— Peter Punk Paiaso
  • Crunch— Cía. Muu
  • Hoxe si!— Cía. Sempre Arriba

Mellor Espectáculo de Sala

Nomeados:

  • Serie Clopen— Centro Dramático Galego
  • Compaña— Xampitopato
  • Bagaxe— Arturo Covas Cía.

Premio ao Recoñecemento

Este ano o Premio ao Recoñecemento recae en José Luis Rodríguez “Kote”, veterano artista de circo e figura indispensable na historia do circo galego. Kote forma parte da xeración que iniciou a práctica profesional do circo na rúa en Galicia, especialmente na Praza das Praterías, onde abriu camiños e inspirou a numerosos artistas —entre eles Pablo Reboleiro e o propio Manu Lago—. O galardón destaca a súa traxectoria vital, a súa dedicación absoluta á arte circense e a súa extraordinaria calidade humana.

A gala

O acto terá lugar este domingo 30 de novembro ás 20:00 h no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Entre as autoridades convidadas, encóntranse Jacobo Sutil, director de Agadic da Xunta de Galicia, e aalcaldesa de Santiago Goretti Sanmartín.

A gala vai ser presentada por Peter Punk Pallaso e está coa dirixida por Antón Coucheiro, coa produción de Greta Marí. Nela vai haber actuacións en directo das compañías nomeadas e algunha sorpresa.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fotograma de ‘The mask of Zorro’ (1998).

Cando era El Zorro

II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego 2025. Foto: Taboura Films.

‘Hoxe si!’ e ‘Bagaxe’ gañan os II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego