in ,

‘Hoxe si!’ e ‘Bagaxe’ gañan os II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego

II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego 2025. Foto: Taboura Films.
II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego 2025. Foto: Taboura Films.

O Circo Galego converteuse no gran protagonista da noite na celebración da II edición dos Premios Manu Lago, organizada pola Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG). No Salón Teatro do Centro Dramático Galego, o 30 de novembro de 2025, houbo unha gala protagonizada polo humor, a emoción e os números circenses.

Presentada polo pallaso Peter Punk, entrando polo patio de butacas con tres paraugas, brincando co público e disparando chistes tan rápidos como os seus malabares, a gala avanzou con ritmo vibrante entre actuacións, recoñecementos e momentos de auténtica celebración colectiva.

Os grandes triunfadores da noite

🔹 Mellor Espectáculo de Rúa: Hoxe si! – Cía. Sempre Arriba
A enerxía e simpatía de a aerealista  Marta Sempre Arriba conquistou o Salón Teatro cun número cargado de humor e acrobacias aéreas.

Mellor Espectáculo de Rúa: 'Hoxe sí!' da Cía. Sempre Arriba: Foto: Tamboura Films.
Mellor Espectáculo de Rúa: ‘Hoxe si!’ da Cía. Sempre Arriba: Foto: Tamboura Films.

🔹 Mellor Espectáculo de Sala: Bagaxe – Arturo Covas Cía.
O seu teatro físico consolida a Arturo Covas como unha figura imprescindible do novo circo galego.

Mellor Espectáculo de Sala: 'Bagaxe' de Arturo Covas Cía. Foto: Tamboura Films.
Mellor Espectáculo de Sala: ‘Bagaxe’ de Arturo Covas Cía. Foto: Tamboura Films.

🔹 Premio ao Recoñecemento ao Impulso do Novo Circo Galego: José Luis Rodríguez “Kote”
O tramo máis emotivo da gala chegou coa homenaxe a Kote, pioneiro do circo galego de rúa e mestre de xeracións de malabaristas. Recoñeceuse a súa contribución esencial ao desenvolvemento do novo circo en Galicia.

Premio ao Recoñecemento ao Impulso do Novo Circo Galego: José Luis Rodríguez "Kote". Foto: Tamboura Films.
Premio ao Recoñecemento ao Impulso do Novo Circo Galego: José Luis Rodríguez “Kote”. Foto: Tamboura Films.

Un sector que medra

Co Salón Teatro ateigado e un público entregado desde o inicio, os II Premios Manu Lago evidenciaron a boa saúde e o crecemento do circo galego. A presenza institucional de Goretti Sanmartín (alcaldesa de Santiago), Jacobo Sutil (xerente da Agadic), reforzou o apoio ao sector nun momento clave de expansión creativa. 

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe: CirKote. Culturactiva.

Celébrase a gala dos II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego

Foto: Microefectos Dramatúrxicos Lugo.

Volven os Microefectos Dramatúrxicos ao Club Clavicémbalo de Lugo