Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, como sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://woutick.com/es/entradas/microefectos-dramaturxicos-decembro-2025 Tamén hai entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu doce anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
- Goodbye Salazar Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Brais García e Anxo Manoel
- Do descanso: dó de peito Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: María Grandío, Raquel López Cendán, Elvira Velasco e Brian Rodríguez.
- Disfunción pública Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Elvira Velasco, María Grandío, Brian Rodríguez e Raquel López Cendán.
- Con boa estrela Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero e Elvira Velasco.


