in ,

O Colectivo D’elas é galardoado co Premio do Público no 39 Certame Coreográfico de Madrid

'Velaiquich Amoorch' do Colectivo D'elas no 39 Certamen Coreográfico de Madrid 2025. Foto de J.C. Arévalo.
'Velaiquich Amoorch' do Colectivo D'elas no 39 Certamen Coreográfico de Madrid 2025. Foto de J.C. Arévalo.

O Colectivo D’elas presentou o pasado xoves 4 de decembro o seu espectáculo Velaiquich, amoorch! no Teatro Conde Duque, tras ser seleccionado para participar no 39º Certame Coreográfico de Madrid.

Este espectáculo, orixinalmente deseñado para espazos non convencionais, conta con catro intérpretes en escena: as bailarinas Myriam González, Andrea Castro e Eloi García, e a música en directo de MounQup, baixo a dirección de Julia Laport. Nesta ocasión o Colectivo presentou un extracto de 15 minutos sen música en directo e co deseño de iluminación de Laura Iturralde.

Velaiquich, amoorch! foi galardoado co Premio do Público e co Premio de Programación de 21 Distritos.

Ademais, dentro da programación adicional do Certame, o bailarín galego Jandross (Alejandro Rodríguez)  presentou un extracto de A Noite do Cuco dentro do programa “Me, Myself and I”.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'O arcón de Noa' (2025) de Amarelo Cía. Foto: Diego Seixo.

O xoguete da danza contemporánea

'Palíndromos e viceversos' no XX Catropezas de Teatro Ensalle.

20 anos do festival Catropezas de Teatro Ensalle