in ,

Falece o actor Miquel Insua

Miquel Insua
Miquel Insua. Fonte: perfil en Facebook do actor.

A Academia Galega do Audiovisual vén de informar do falecemento do actor galego Miguel Insua López, coñecido como Miquel Insua. Nado en Valdoviño no ano 1961 participou en numerosos proxectos audiovisuais (dende a pioneira longametraxe Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, ata a recente Antes de Nós, de Ángeles Huerta, pasando por series como O sabor das margaridas ou Saudade de ti; entre moitas outras), e tamén en múltiples proxectos de teatro, en Galicia e en Madrid, onde residía.

Miquel estudou Interpretación no Institut del Teatre, en Barcelona, e no estudio de Juan Carlos Corazza, en Madrid. Algúns dos proxectos escénicos dos que formou parte en Galicia como intérprete foron A peste, a montaxe con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Albert Camus, no ano 2022, no Centro Dramático Galego; Martes de Carnaval, dirixido por Marta Pazos, no Centro Dramático Galego, en 2017; Palabras malditas, de Eduardo Alonso, para Teatro do Noroeste, en 2016;  Bailadela da morte ditosa, de Roberto Vidal Bolaño, tamén baixo a dirección de Eduardo Alonso, en 1981, para Teatro Antroido; ou O cazador de perdices, de X.M. Martínez Oca, da man do Pequeno Obradoiro de Teatro.

Entre outras das moitas montaxes nas que participou no eido estatal estivo tamén Siglo mío, bestia mía, de Lola Blasco, baixo a dirección de Marta Pazos, para o Centro Dramático Nacional, en 2020.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Do reino (e) dos amores proscritos'. (Auditorio Municipal de Ribeira, 16/10/2025). Foto: Afonso Becerra.

2025 pecha o pano