in

O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’

O 6 de febreiro, e as entradas saen mañá á venda

Presentación de Territorio Regueifa - Foto de Vanessa Rábade
Presentación de 'Territorio Regueifa'. Foto de Vanessa Rábade.

O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, acollerá en febreiro a estrea absoluta do espectáculo Territorio Regueifa, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o venres 6, ás 21.00 horas. A peza é unha coprodución do  xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. A estrea da peza tivo que ser cancelada o pasado mes de outubro, no marco da 34ª edición do FIOT, por unha baixa médica dun dos intérpretes, que está xa recuperado.

As entradas para a función estarán dispoñibles a partir de mañá xoves, 22 de xaneiro, ás 10.00h, en Ataquilla.  

SOBRE ‘TERRITORIO REGUEIFA’

A peza quere l”evar a maxia da improvisación oral a novos públicos, consolidando a regueifa como un patrimonio vivo, capaz de unir humor, emoción e coñecemento nun espectáculo participativo e festivo”. Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro de proximidade, tres recoñecidos regueifeiros e músicos traerán á escena “unha forma moi nosa de humor e crítica social, achegando ao público de hoxe a historia, o oficio, e o mundo desta ancestral expresión cultural”.

Carballo e Bergantiños son recoñecidas pola riqueza do seu patrimonio cultural inmaterial e, en particular, do oral. En Carballo, a regueifa mantense viva cos regueifeiros tradicionais e con proxectos de revitalización e o FIOT non quixo ser alleo a explorar este Territorio Regueifa, “unha inédita e ambiciosa proposta escénica que pon en valor este xénero artístico que consiste en manter unha disputa dialéctica improvisada en verso entre varios participantes e que está en consonancia co lema desta edición do FIOT, a raíz como orixe da identidade propia e colectiva”.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentación primeiro semestre de Vigocultura 2026

Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación