Matías Daporta
Matías Daporta é artista, comisario e xestor cultural adisciplinar. A súa investigación formalízase tanto en proxectos artísticos como en proxectos curatoriais. As súas liñas de interese exploran, por un lado, a noción de homoxeneización cultural actual, e por outro, a relación entre as artes vivas e a tecnoloxía e a cultura dixital. #spanishwashing, en colaboración con Begoña Cuquejo, foi un proxecto tentacular coa escritura e entrega unha demanda poético-xudicial contra institucións culturais en España como fío condutor do resto de intervencións. En relación á segunda liña de traballo, destaca o seu proxecto de comisariado anual Me gustas pixelad_, para La Casa Encendida. Un evento de tres días que se achega aos fenómenos culturais dixitais a través das prácticas performativas. As súas obras foron presentadas en contextos internacionais como Veem, Arti et Amicitiae, Corridor Space Project, Frascati Theatre, en Amsterdam. Projection Room en Bruxelas. Torre Oxo en Londres. La Neomudejar, Nave 73 en Madrid. A Casa do Pobo en Sao Paulo. Sala Gaivotas, Espazo Comercio de Lisboa. Recibiu o apoio de AFK do Concello de Amsterdam, AGADIC en Galicia, axudas á produción da cidade de Madrid, bolsas de mobilidade INJUVE e PICE. Tamén traballou para institucións como ElGraner, Fundación Miró e Transit projectes.