Marta Núñez
Marta Núñez (Vigo, 1976), licenciouse en Socioloxía pola UDC e, posteriormente, estudou Ciencias Políticas na UNED. Funcionaria de carreira do Concello de Vigo, traballa desde hai máis de dúas décadas na Concellería de Cultura como técnica de actividades culturais e educativas. Xestionou programas como o "Vigo a Escena", o "Festival de Música Are More", ou o "Festival de Jazz Imaxinasons", e desde 2008 é a responsable da programación municipal de artes escénicas "Vigocultura", conseguindo incrementar en máis dun 80% a participación e asistencia de público. Desde o ano 2021 forma parte da asociación Academia Galega do Teatro e na mesma data foi Premio de Honra do Festival de Teatro Galego FETEGA.