Mercé de Rande
Estudou danza contemporánea no Forum Dança de Lisboa e nos Centros Coreográficos Nacionais de Francia de Toulouse e Montpellier. Bolseira de movement research en Nova Iorque. Master en Artes Escénicas especialidade en Physical Theater da Scuola Teatro Dimitri, Suiza. Butoh con Sankai Juku no Xapón. Artista transdisciplinar, coreógrafa, performer, directora e investigadora escénica. O seu traballo sitúase na intersección entre as artes escénicas e as visuais. Dende o movemento á investigación, creación e composición, até a interacción interdisciplinar.