Xurxo G. Avendaño
Actor e titiriteiro de formación heterodoxa, gábase de ter aprendido o pouco que sabe ao abeiro de mestres coma o tristemente desaparecido Yang Feng, o insigne bufón Eric de Bont ou o sabio Passatore. Curtido mas táboas como membro da prestixiosa compañía de títeres Teatro Kaos, de actor en Teatro da Esmorga e nas rúas con Catroemedio teatro. Enrolado en mil singraduras do teatro amador, na actualidade compaxina, segundo a lúa, os contacontos en Codia e Miolo, colaboracións con Troula Animación e o traballo na terra, nai sempre.