Os CADERNOS PLATTA nacen directamente ligados ao Premio Platta de Teatro Breve impulsado desde a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que conforman a erregueté | Revista Galega de Teatro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo / TEIA – Teatro em Iniciativa Associativa.

O Premio naceu como resposta natural á demanda de textos cos que nutrir os obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas (galego, castelán e portugués) que cada ano se celebran no marco dos festivais transfronteirizos da Plataforma e ten como obxectivo estimular a escrita teatral, promover a súa tradución e contribuír á súa difusión.

Os cadernos PLATTA contan coa axuda da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

 

En preparación: Voces en limbo, de José Domínguez Bueno, con traducións ao galego de Roi Vidal e ao portugués de Eliseo Pereira.

 

 

CadernosPLATTA01 |