Xaneiro 2021
Imos continuar neste ano 2021 coa publicación mensual deste Boletín Informativo. O seu obxectivo é duplo: por unha banda, informar sobre as novas adquisicións de libros e revistas de teatro que van enriquecendo o Fondo Teatral María Casares; mais, tamén, lembrar títulos significativos que foron conformando o FTMC ao longo dos últimos vinte e cinco anos. Convidamos a abrir as portas dos números anteriores do Boletín para descubrir a variada oferta de teatro para ler e, por que non, para representar. Todos eles, na Biblioteca Pública de Cangas.
Neste número 13 presentamos como novas achegas: La sorpresa del amor/La segunda sorpresa del amor, A cidade do teatro e Banqueiros. Titiricircus e Pagar el pato son dous títulos que xa formaban parte dos máis de mil libros existentes no FTMC.