Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 14

Febreiro 2021

Nesta nova entrega do Fondo Teatral María Casares, presentamos catro títulos sobre as artes escénicas que se poden consultar na Biblioteca Pública Central de Cangas. Un texto en galego, O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte; dous  2 textos en castelán, La máquina de abrazar de José Sanchis Sinisterra e Baile de huesos de Elena Belmonte; e, finalmente, unha revista brasileira, Ouvirouver, dedicada á investigación en artes escénicas.

O teatro tamén se le! 

O mariscal FTMC14

O mariscal

de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte

Adaptación de Isabel Rey, Marcelino de Santiago ‘Kukas’ e Xan Cejudo. Publicación do IGAEM. Colección CDG. 1994.

La máquina de abrazar FTMC14

La máquina de abrazar

de José Sanchis Sinisterra

Editorial Huerga y Fierro. Colección El Teatro Puede. Madrid, 2009 (Castelán).

Como en todas as publicacións desta colección, ademais do texto en si, hai unha primeira parte na que se presenta ao equipo que participou na montaxe e se comentan diferentes elementos escénicos; acompañándose con ilustracións do vestiario, a escenografía, a montaxe…

Nesta publicación cabe destacar o apartado dedicado á linguaxe específica das marionetas, así como a análise do contexto no que a obra se escribe por primeira vez e a análise do propio texto orixinal. Preséntanse tamén un par de propostas de traballo interdisciplinar para as áreas de historia e literatura galega.

O texto orixinal rematou de escribirse no 1921, hai 100 anos, aínda que non se publicaría ata o 1926. O libro, con portada de Castelao foi moi ben recibido pola intelectualidade galega da época e reeditouse en 1929. Ano no que se puxo en escena por primeira vez a versión operística  D’O Mariscal, con decorados de Camilo Díaz Valiño. Sendo esta a primeira ópera en galego que se puña en escena.

En 1994, o Centro Dramático Galego estreou esta versión adaptada e representada por marionetas. Cabe destacar o feito curioso de que o CDG, que non adoita montar espectáculos de marionetas, escollese precisamente esta técnica para este texto e esta temática . En 2010 volveu a poñerse en escena a ópera dentro da programación do Xacobeo. O texto orixinal, interpretado por actores e actrices permanece aínda hoxe sen levarse a escena.

Ramón Cabanillas e Vilar Ponte escriben sobre a figura de Pardo de Cela e a súa captura e execución por ser ese un momento histórico idóneo para a representación do conflito nacional. Segundo o propio Vilar Ponte: “Co aforcamento do indomabre galego Pardo de Cela, sucumbeu a nacionalidade galega” (Emilio Xosé Insua López, 2005, p.131).

A adaptación que nos ofrece o CDG desta lenda tráxica en verso é unha versión moi reducida mais respecta a trama central baseada na traizón, a derrota e o engano do final que impide salvar a vida dos condenados.

É este un caderno de lectura fácil, amena e interesante que ben se pode recomendar para a ESO.

La máquina de abrazar aborda o fascinante tema do autismo. A menciña explica que o autismo é un trastorno no desenvolvemento que da lugar a diferentes graos de alteración da linguaxe e a comunicación, das competencias sociais e da imaxinación. Non é unha enfermidade, senón un conxunto de síntomas asociados a perturbacións neurobiolóxicas e intelectuais.

Como é o mundo dos autistas? Estas persoas que sentimentos e visión posúen de canto lles rodea?

Como bo investigador, o motor de arranque da escrita teatral de José Sanchis Sinisterra é fundamentalmente a curiosidade. A súa perplexidade ante o fenómeno dos autistas e a fervenza de preguntas que xorden nel ante esa realidade tan dispar da súa propia, resultan evidentes nesta obra, na que emprende unha viaxe  polo universo do autismo para proceder a súa disección tendo como punto de partida a figura dunha facultativa que imparte  unha conferencia sobre esta patoloxía.

Neste volume aparece, tamén, unha interesante entrevista co autor na que resume a súa traxectoria teatral e un Manifesto do Teatro Fronterizo, elaborado por Sanchis en 1977.

Baile de huesos FTMC14

Baile de huesos

de Elena Belmonte

Premio Internacional de Literatura Dramática Lázaro Carreter, 2010. Publicacións da ADE (Asociación de Directores de Escena de España). Serie Literatura Dramática Iberoamericana nº 62. Madrid, 2010 (Castelán).

Ouvirouver FTMC14

Ouvirouver

de VVAA

Revista do Programa de Pós-Graduaçao em Artes. Instituto de Artes. Universidade Federal de Uberlândia. Brasil (Portugués).

Catro personaxes totalmente diferentes entre si atópanse, sen telo elixido, nun espazo algo opresivo, un tanto indefinido e agardando a chegada da Morte coa incerteza de non saber aínda se van morrer ou non. En tanto a Morte non chega elas falan, discuten, vanse presentando e coñecendo. Cando a Morte aparece, sorpréndelles a súa actitude, a súa falta de decisión sobre a quen se vai levar con ela e a quen non. E iso fai que os vaia conducindo a unha reflexión sobre a súas propias vidas na que acaban pondo en evidencia as frustracións e os soños de todos eles.  Mais que como a personaxe da gadaña que poderiamos imaxinar, aquí a Morte actúa coma psicoanalista.

Baile de huesos está cheo de diálogos con moito humor, pero amais de ser unha comedia divertida tamén é triste e emocionante. A Vida e a Morte confróntanse e permítennos entender a historia de cada un. Elena Belmonte consigue que desde a primeira folla a historia atrape. O continuo conflito entre os personaxes mantén o interese alto ao longo da obra.

Este texto recibiu o Premio Internacional de Literatura Dramática ‘Lázaro Carreter’ na edición do ano 2010 e representouse por primeira vez no 2011.

Elena Belmonte é dramaturga, novelista e profesora de escritura creativa.

Este número da revista brasileira Ouvirouver é un monográfico sobre o tema da investigación no teatro, na danza, na performance, na música e na fotografía. Os artigos reunidos sobre o teatro e a danza indagan en torno o proceso creativo e a súa recepción polo público, ampliando deste xeito as perspectivas do seu estudo.

En canto ás artes visuais, as reflexións van dirixidas sobre os procesos de construción na práctica performativa desenvolvida no espazo urbano e a representación fotográfica en medios electrónicos. En ámbolos dous casos tentase agrandar e superar as categorías tradicionais específicas das artes plásticas. Tamén se recolle no artigo a perspectiva pedagóxica valorando a conveniencia de como pensar, realizar e avaliar a actividade artística nun contexto educativo.

No apartado da revista dedicado á reseña de libros traducidos ao portugués, subliñar o titulado Arquivo ou memoria de Matthew Reason, investigador e etnógrafo inglés. Un texto que indaga sobre a interesante relación entre a representación en vivo dunha obra de teatro ou dunha peza de danza e o seu arquivo e documentación.

Dada a importancia desta publicación, sobre todo para as persoas profesionais das artes do movemento, indicamos deseguido a ligazón para consultar gratis os contidos en PDF de todos números publicados.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.