Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 16

Abril 2021

14 de Abril de 1931. Neste 2021 celebramos o 90 aniversario da proclamación da II República Española. Na súa memoria -e reivindicación- presentamos dúas revistas e dous libros do Fondo Teatral María Casares que fan referencia, desde diferentes perspectivas, a ese período crucial da nosa historia. Faremos, tamén, referencia a un texto en lingua portuguesa, rematando esta nova entrega do boletín co comentario de dous libros en galego.

Revista Galega de Teatro

de VVAA

Revista Galega de Teatro (RGT). Xuño 1995. Número 11.

Assim fala Zaratustra

de Francisco Barroso Rodrigues

Adaptación teatral do orixinal de Friedricht Nietszche (Portugués)

Este número, dedicado a Rafael Dieste, mostra en abundantes páxinas o labor cultural desenvolvido polo autor na zona republicana durante a Guerra Civil española.

Entre as diferentes colaboracións subliñamos as de José Monleón (Hora de España: Rafael Dieste, dramaturgo antifascista), Miguel Bilbatúa (Rafael Dieste e o Teatro de Axitación e Propaganda) e Eugenio Otero Urtaza (Rafael Dieste e o Retablo de fantoches das misións pedagóxicas).

Esta adaptación teatral incorpora -con ósos, sangue e voz- Así falaba Zaratustra, unha das obras máis significativas e desacougantes do filósofo alemán Friedricht Nietszche (1844-1900).

Nesta obra destácanse dous soportes básicos: a idea do super-home e a concepción do eterno retorno. Sobre esta base desenvólvense outras ideas chave: a morte de Deus, a vontade de poder e a transmutación de todos os valores.

Segundo Francisco Barroso, a súa adaptación dramatúrxica supuxo dedicar unha atención especial á notable galería de personaxes que atravesa a obra. Un proxecto que tentou levar a escena Teatro do Morcego xunto co Laboratorio Oficina de Coimbra.       

Primer Acto

Cuadernos de Investigación Teatral
de VVAA

Xullo-Agosto 2009. Número 329 (Castelán).

Víznar

O muerte de un poeta
de José María Camps

Antología Teatral Española nº 36. Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones (Castelán).

Esta veterana revista de teatro dedícalle un número monográfico ao exilio teatral republicano: “un drama da nosa vida social que debe ser pensado e asumido como parte do noso compromiso para facer da política a construción, en liberdade, do ben común. Velaquí o sentido da edición deste número, segundo reza o seu editorial, redactado hai 11 anos.

O volume inclúe tres obras de tres autores: La niña guerrillera, de José Bergamín; Españoles en Francia, de Álvaro de Orriols; e Antígona entre muros, de José Martín Elizondo.

Calquera persoa coñecedora minimamente dos acontecementos da Guerra Civil española saberá, polo título da obra, que esta trata o asasinato de Federico García Lorca no alborecer do 19 de agosto de 1936. Mais un dos grandes méritos deste texto é o altísimo grao de tensión que crea, malia coñecer o desenlace. Semella evidente que o autor non pretende esclarecer quen foi a persoa que matou a Lorca ou quen deu a orde de executalo, senón indicar a conxunción dunha serie de circunstancias e intereses de poderosas institucións -a Igrexa e a Guardia Civil-, mesturados coas comenencias  de personaxes que se erixen en representativos das maiores vilezas humanas.

Co gallo de familiarizar ao público lector co FTMC -e asemade por gratitude-, cómpre lembrar que este volume forma parte dunha doazón de 30 libros, agasallo do Servicio de Publicaciones da Universidade de Murcia por intercesión de César Oliva, dramaturgo, director de teatro e catedrático desta institución.

Os golfiños e o xigante

de Inacio Vilariño

Ilustracións de Iván Suárez. Baía Edicións. A Coruña. 2017.

XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). 2016.

Pensar co corpo

de Manuel Lourenzo

Manuais Casahamlet Teatro Nº 1. Deputación Provincial da Coruña. 2000.

Os golfiños e o xigante é unha historia que comeza nun acuario cando a persoa que adestra e coida a un par de golfiños se da conta de que estes tragaron unhas boias.

A adestradora vese envolta nunha aventura contra o reloxo, na que ten que dar coa única persoa capaz de quitar as boias do interior dos animais e salvar así aos golfiños. Esta persoa é o xigante Bao Xishun. A protagonista vai dun lado para o outro da China, seguindo as pegadas do xigante. Na súa procura contará coa axuda de diferentes persoas que lle irán acurtando a distancia  que a separa do xigante.

Foi durante a viaxe por mar cunha desas persoas na que a conversa torna arredor da vida dos golfiños en cativerio, das súas dificultades de comunicación, de cómo se reduce a súa esperanza de vida… e aí o pensamento da protagonista en relación aos golfiños cos que traballa sufre un punto de inflexión que condicionará o seu futuro.

Finalmente dá co xigante na súa aldea do deserto do Gobi, onde vive illado logo de escapar da popularidade á que o levara o feito de ser tan diferente.

Esta historia ten como punto de partida un acontecemento real na vida do xigante Bao Xishun, quen efectivamente, no ano 2006 lle salvou a vida a dous golfiños dun acuario da China.

É unha historia fermosísima e que permite traballar a integración das diferenzas, a superación e tamén o respecto polo diferente e pola vida animal e a natureza. Moi recomendable para o alumnado de Primaria.

Esta obra foi representada por Fantoches Baj, compañía do propio autor, nun espectáculo de sombras chinesas.

Inacio Vilariño leva desde o 2003 escribindo e adaptando textos dramáticos. Foi tamén gañador do Premio Barriga Verde noutras dúas ocasións, cos textos Auga que non vas beber… e Fábula galénica.

Pensar co corpo é un pequeno manual que ten como obxectivo profundar no coñecemento e na toma de conciencia do propio corpo como instrumento teatral, así como no campo da expresividade corporal.

O libro estrutúrase en catro partes:

Organicidade, na que o autor profunda na procura do movemento orgánico e natural, na consciencia e no coñecemento do propio corpo.

Organización, leva a explorar a resposta aos estímulos externos, as expresións sonoro-textuais, a memoria sensitiva…

Invención, propondo improvisacións con obxectos, con música, con escenas que mudan cun novo actuante que se incorpora..

Teatralización, proceso que culminará na representación.

Estes catro apartados guían un traballo progresivo que é importante ter en conta e que Manuel Lourenzo expón logo de anos de experiencia no eido do teatro.

É un libro moi útil para o profesorado de Primaria e Secundaria á hora de traballar o teatro no ensino, pois aporta propostas de traballo e experiencias didácticas, mais tamén unha argumentación da valía e importancia das mesmas.

Desde a creación do Estudio de Teatro Casahamlet na Coruña, en 1988 Manuel Lourenzo desenvolveu nel case toda a súa actividade teatral como profesor, director de escena e actor.

Como autor conta con máis de sesenta libros publicados. Traduciu tamén ao galego obras teatrais de autores como Brecht ou Chéjov, entre outros.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.