Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Subscribe

Revista Galega de Teatro

FTMC. Boletín Informativo nº 38

Outubro- Novembro- Decembro 2025

Neste último Boletín Informativo de 2025, predomina a presentación dunha bibliografía basicamente dirixida ao ámbito da educación primaria e secundaria. Un feito que non exclúe a súa utilidade, tanto teórica como práctica, para estudantes de arte dramática e grupos de teatro afeccionado.

Bo Nadal e Feliz 2026. O teatro tamén se le na Biblioteca Pública Central de Cangas!

Portada as laranxas máis laranxas de todas as laranxas

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

de Carlos Casares

Guía didáctica elaborada por Magdalena de Rojas, Cristina Novoa e Pilar Sampedro. Xunta de Galicia.

Portada La dramatización en la práctica educativa

La dramatización en la práctica educativa

Propuestas para la creatividad en grupo
de Gottardo Blasich

Edebé. Barcelona, 1982.

Esta unidade didáctica coincide coa primeira posta en escena dun espectáculo destinado ao público infantil que o Centro Dramático  Galego (CDG) estreou en 2004. Xa era tempo de prestarlle atención institucional ao teatro para a infancia e a mocidade!

O espectáculo estivo dirixido por José Caldas.

Cómpre recordar que As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares acadou o Premio “O Facho” e foi publicado en 1973 pola editorial Galaxia con ilustracións e figurinos de Luís Seoane.

Aínda que esta guía didáctica ten o seu epicentro nunha circunstancia moi especial que é, como xa dixemos, a primeira vez que o CDG poñía en escena unha obra infantil, a súa utilidade na escola- con propostas de actividades de 4-8 anos e de 8-12 anos- ten un enfoque adaptable a calquera outra función teatral.

As súas autoras escriben: “Trátase dunha proposta globalizada coa intención de percorrer os mundos do teatro: escenografía, iluminación, personaxes…

O obxectivo fundamental é espertar a sensibilidade estética e o gusto polo teatro, entendido como creación artística; adquirir os códigos da linguaxe teatral e favorecer o desenvolvemento de recursos para a valoración crítica das obras teatrais.

As laranxas serán, pois, un motivo para falar de teatro, para ir ao teatro, para xogar a facer teatro, para ler teatro…unha desculpa para prestarlle atención a ese xénero e traballar en torno a un proxecto que faga xirar a actividade dun grupo de rapazas e rapaces, durante un tempo determinado arredor del”.

Este volume complétase cunhas notas sobre a Fundación Casares, uns Apuntamentos sobre o autor e unha Bibliografía sobre teatro infantil.

Un texto clásico, que abriu camiño cara a considerar a dramatización como ferramenta pedagóxica para fomentar a creatividade, a expresión corporal e, á fin, o desenvolvemento integral do alumnado, no aspecto cognitivo, emocional, social e expresivo.

O libro quere contribuír á clarificación do que é a dramatización experimentada segundo diversas tendencias. Para o autor,  que escribe o texto grazas á colaboración de ensinantes-animadores, a tese que se propón conserva un sentido de precariedade. A análise teórica, a reflexión sobre as experiencias fixan algunhas constantes de comportamento e de  desenvolvemento mais isto, advirten, non debe conducir a modelos estáticos, non se deben seguir mecanicamente. A situación na que se atope cada grupo escolar, a diversidade de circunstancias que se viven e que deben cultivarse na súa autonomía e na súa imprevisión, deberán ser estudadas  con respecto e atención para que a dramatización non se converta nun de tantos subsidios do traballo escolar senón que  exprese unha tensión creativa.

O libro consta de dúas partes. Os enunciados da primeira son: 1. Naturaleza y finalidad de la dramatización. 2. La técnica de la improvisación. 3. Consciencia y creación del espacio. 4. Expresividad de la máscara y el vestido. 5. Lenguaje mímico gestual. 6. Expresividad de la voz. Segunda parte: 7. Experiencias de dramatización. 8. Hipótesis de dramatización. Apéndice: De la dramatización a lo social.

Unha nota final. Aínda que o título fai referencia á práctica educativa, o libro pode ser de grande utilidade para experimentar a dramatización e a improvisación en grupos de teatro amador.

Portada Impro

Impro

90 juegos y ejercicios de improvisación teatral
de Alfredo Mantovani. Borja Cortés, Encarni Corrales, José Ramón Muñoz e Pablo Pundik

Octaedro Recursos. Barcelona, 2017.

Portada Ó galego polo teatro

Ó galego polo teatro

de Germán M. Torres de Aboal

Edicións Cumio. Vigo, 1996.

Impro é un libro que reúne, en fichas claras e concisas, 90 propostas creativas e xogos con variantes sinxelos de aplicar. Tamén inclúe un conxunto de pautas e consellos prácticos de gran utilidade para persoas interesadas  na impro e a súa pedagoxía: profesorado de distintos niveis educativos, grupos de teatro, actores e actrices, estudantes de teatro e ciencias da educación que desexen mellorar a súa formación e asemade para calquera persoa que tente desenvolver a espontaneidade na aula e na escena.

Os seus autores son actores, improvisadores  e docentes de longa traxectoria teatral especializados en impro que se xuntaron nesta publicación para compartir a súa bagaxe experiencial.

Inventar e representar historias en equipo e desfrutar coa “improturgia” (concepto orixinal dos autores desta obra) convértese no miolo dun traballo divertido e pracenteiro, para quen desexe explorar o feito teatral desde unha perspectiva lúdica.

Inclúe testemuños nos que Dani Rovira e un bo feixe de actores e actrices de recoñecida traxectoria na improvisación teatral ofrecen as súas vivencias e reflexións arredor desta arte.

Impro é unha proposta teatral innovadora. Impro é unha ferramenta para a educación artística. Impro é un medio para o coñecemento persoal. Impro é unha aposta pola creación artística. Impro é unha arma de intervención  social. Impro é un divertimento socializante e cooperativo.

No Limiar do libro atopamos as palabras de J.F. Filgueira Valvede que saúda a edición do libro afirmando que “ é un libro necesario e desexado pois acode a enche-lo baleiro dunha guía para o Teatro Galego.” E certamente, nos anos que aparece a súa publicación, finais dos anos noventa do século pasado, si que resultaba unha interesante achega á historia do noso teatro. A obra de Torres de Aboal contén, ademais dun esquema histórico e bibliográfico do teatro en Galicia algo máis cobizoso… Nela, continúa escribindo Filgueira Valverde, “podemos atopar compridos esquemas e unhas certeiras nocións de teoría e técnica. Teñen interese as informacións  sobre grupos teatrais, certames e institucións. Non faltan a referida base de datos e unha serie de actividades para desenrolar individualmente ou en grupo, que refrenda o xorne eminentemente didáctico e mesmo pedagóxico do traballo”.

En efecto. O autor, mestre e amante do teatro, cando manifesta as intencións que o levaron a escribir Ó galego polo teatro, certifica que na escola o teatro pode ser un valioso medio para o ensino e aprendizaxe da nosa lingua. E opina que nas asociacións culturais e nos grupos de teatro afeccionado debería fomentarse a asistencia á estrea e ás representacións de pezas galegas.

Desexo cumprido? Case trinta anos despois da súa publicación, practicase a lectura en común de pezas de teatro galego nas aulas de lingua galega? Dentro dos clubs de lectura que existen en moitos centros de ensino secundario, que lugar ocupa o teatro? E nos clubs de lectura das bibliotecas públicas? E nos grupos de teatro amador, foméntase a asistencia para ver teatro galego?

Vostedes dirán.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close