A Revista

erreguete rgt 02 |
Foto: Nando Iglesias

A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. A revista está editada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro, Entre Bambalinas.

A liña editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo marcada pola independencia, a honestidade e o rigor informativo e o seu obxecto preferente son as artes escénicas, na súa ampla diversidade e heteroxeneidade. A erregueté | Revista Galega de Teatro conxuga información, creación, divulgación e estudo. Así, publica críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre un determinado aspecto relacionado coa arte dramática, a danza, o circo, a performance…


Na actualidade o organigrama da revista é o seguinte:

Director: Afonso Becerra de Becerreá.

Subdirectora: Ana Abad de Larriva.

Secretario: Iván Fernández Diéguez.

Tesoureira: Che Mariño.

Coordinación do sitio web: Afonso Becerra, Javier Lojo, Ana Abad de Larriva e Iván Fernández Diéguez.

Coordinación da sección LGTBIQ+: Iván Fernández Diéguez.

Coordinación da sección de Opinión: Afonso Becerra.

Consello Editorial: Antón Lamapereira (fundador da revista), Casilda Alfaro (vicepresidenta), Che Mariño, Xosé Manuel Pazos Varela () e Gonzalo Rodríguez Calvo.

Consello de Redacción: Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Belén Brandido, Comba Campoy, Iván Fernández Diéguez, Javier Lojo, Sabela Mendoza, Nieves Neira Roca, Roberto Pascual, Xoán Carlos Riobó e Roi Vidal Ponte.

 


01 |A Revista Galega de Teatro ten unha “prehistoria” que hai que buscar no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega cuxo número 0 aparece en Vigo no ano 1983. A creación deste Boletín foi unha iniciativa, entre outras, que levou adiante a sección de Vigo da Escola Dramática Galega (E.D.G) con sede na Coruña. Cando se decide clausurar a sección de Vigo da EDG, o Boletín pasará a denominarse Boletín de Información Teatral, para mudar pouco despois en Información Teatral, máis tarde Información Teatral-Revista Galega de Teatro e definitivamente, desde o número 11, en Revista Galega de Teatro.

Unha metamorfose guiada sempre polo obxectivo de “dar un paso máis no camiño da normalización teatral en Galicia” como xa podemos ler no número 0 daquelas “hojas volanderas” como alguén as chamou no Faro de Vigo cando apareceu. Normalización que consistía e consiste aínda en informar sobre a actividade teatral do país e do resto do mundo. Hai polo tanto unha continuidade na liña programática entre aquel primeiro Boletín de oito páxinas aparecido no “século pasado” e os últimos números aparecidos con máis de cen páxinas.

Na actualidade a erregueté | Revista Galega de Teatro é editada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro. Polo seu Consello de Redacción pasaron persoas relacionadas cos máis diversos ámbitos do mundo das artes escénicas, desde a investigación á pedagoxía, desde a escrita á xestión ou a práctica actoral. Ao longo destes 40 anos formaron parte deste Consello de Redacción: Antón Lamapereira (director entre 1983-2016), Che Mariño, Xosé M. Pazos, Pedro Pablo Riobó, Casilda García Alfaro, Gonzalo Rodríguez, Conchi Costas, Iria Méndez, Manuel Vieites, Lourdes Vega, Cristina Cameselle, Ricardo Solveira, Mª. Xosé Vilas, Inma López Silva, Gena Baamonde, Ernesto Is, Esther F. Carrodeguas, Manuel Xestoso (subdirector entre 2016-2020) e Vanesa Sotelo (directora entre 2016-2020).

Polo demais, a existencia desta publicación está en débeda permanente coa colaboración desinteresada e solidaria de moitísimas persoas que achegan artigos, textos dramáticos, fotografías, deseños e ideas.


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: