A Mensaxe do Día Internacional da Danza 2017 encargóuselle á recoñecida coreógrafa, bailarina e directora artística americana Trisha Brown antes do seu pasamento (acaecido o pasado 18 de marzo), polo que finalmente foi elaborado utilizando os seus escritos e as súas reflexións e declaracións e publícase ademais como unha homenaxe a ela.
Convertinme en bailarina polo meu desexo de voar. Transcender a gravidade foi algo que sempre me emocionou. Non hai un significado secreto nas miñas obras. Son un exercicio espiritual que toma unha forma física.
A danza proxecta e amplía a linguaxe universal da comunicación, dando lugar á ledicia e á beleza, ao avance do coñecemento humano. A danza é a posibilidade de crear, unha e outra vez, no pensamento, na acción, na posta en escena, na interpretación. Os nosos corpos son unha ferramenta para a expresión e non un medio para a representación. Este concepto libera a nosa creatividade, que é a lección esencial e constitúe o don da capacidade artística.
A vida dun artista non remata coa idade, como cren algúns críticos. A danza está feita de persoas, de persoas e ideas. O espectador pode levar para a casa o impulso creativo e aplicalo á súa vida diaria.
Trisha Brown
- O CDG e Contraproducións inician a xira de ‘Memorias dun neno labrego’ - 29/01/2026
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026




