Estréase o 3 de Marzo no Auditorio Municipal de Ourense. Previamente haberá unha preestrea en Cariño, o 24 de Febreiro.
Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González. Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto inxenioso de creación propia, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.
Grandes dilemas do sénior: Visto como meu fillo ou como meu pai? Haberá cadeiras nese concerto? Como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic? Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compaña de Luís Iglesia e Marcos Orsi.
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá a estrea deste espectáculo de teatro para adultos o 3 de Marzo ás 20:30 horas. As entradas xa están a venda por 3,80€ en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/. Cariño poderá gozar xa o 24 de Febreiro da preestrea do espectáculo que tamén se poderá ver en Ortigueira e Muros os días 10 e 24 de Marzo respectivamente. A xira segue en Abril en Redondela, Boiro e Vimianzo.
Marcos Orsi iniciou a sua carreira como actor nos anos oitenta con Artes Livre, no seu Santo André (São Paulo) natal. Con esta compañía dramá- tica, Orsi ven a Europa en 1986 e acaba fixando a sua residencia en Galicia. Sobe al escenario con diversas compañías teatrales como Produccións teatrais Excentricas, Teatro do Aquí, Bacana, Malasombra ou OllomolTranvía, con las que participa como actor, director o bailarín nas obras: A cabeza do dragón, Obra (No Comment), O día o pai, Os fabulosos Cleaners, Go on, Criaturas, Non é tán fácil, A ópera de a patacón, Qui pro quo, Ratmane Bobyn, Caperucitoloxía, Escola de bufóns, Raíñas de pedra, Commedia un xoguete para Goldoni, Fas e Nefas, Moleques, ou Amar verbo intransitivo. Para o CDG actou en nove das súas producións: A ópera dos tres reás, Noite de Reis. Ou o que queirades (2007), A piragua (2007)— reestreada no 2009 pola compañía Abrapalabra—, O ano do cometa (2004), A comedia do gurgullo (2003), A burla do galo (2000), Se o vello Sinbad volvese ás illas (1999), Un soño de verán (1992) e O incerto señor don Hamlet (1991). Actuou en varias teleseries da Televisión de Galicia entre as cales destacan Matalobos, O Nordés, As leis deCelavella, A miña sogra e máis eu, Rías Baixas, Galicia express, Mareas vivas ou Pratos combinados, así como en algúns episodios de El pacto, El Comisario, MIR y Hospital Central, de Telecinco. No ámbito cinematográfico, os seus personaxes máis relevantes inclúen interpretacións en Unha muller invisible, O agasallo de Silvia e O lapis do carpinteiro. Tamén ten experiencia no terreo publicitario. Entre os premios que recibiu destacan o Premio Compostela 1992 como mellor actor secundario por Un soño de verán e o Premio Compostela 1994 como mellor actor protagonista por Commedia, un xoguete para Goldoni.
Luis Iglesia é un dos actores galegos máis populares e máis queridos polo público, sobre todo polas series televisivas de éxito que leva protagonizando desde xa máis de dez anos. Pero a súa carreira actoral comezou moito antes, alá por 1990, con espectáculos teatrais con diversas compañías, como Maxia Vermella, Teatro do Atlántico, Teatro do Aquí ou Volta e Dálle Teatro. Sen deixar o seu traballo sobre as táboas, en 2004 comeza unha meteórica carreira profesional no audiovisual galego, converténdose nun dos rostros máis populares da TVG. Así, ten participado en Terras de Miranda, As Leis de Celavella, Libro de Familia, Matalobos ou Pazo de Familia. Fóra de Galicia, participou en series como Hospital Central, Piratas ou El Ministerio del Tiempo. Igualmente, puidemos velo en películas como Somos Gente Honrada, Vilamor ou 7. Atesoura tamén unha ampla carreira no mundo da dobraxe. Dende o ano 1986 é voz habitual de Harrison Ford, Paul Newman, Robert de Niro, Gartfield ou a rá Gustavo. Como locutor, leva realizado múltiples campañas de publicidade para marcas como Estrella de Galicia, Caixanova, Caixa Galicia, Once, Movistar, … Máis de 1.000 documentais locutados, unha boa parte deles de produción galega. Dous anos como voz institucional do Grupo Voz, nomeadamenten as emisoras de Radio Voz. Máis de 600 cancións, interpretadas tanto na dobraxe de películas musicais, como en cabeceiras de diversas series.
Narrador, actor de teatro, cine e televisión, director, dramaturgo e traductor, Avelino González (Vigo, 1962) é un dos profesionais máis prestixiosos e populares das artes escénicas galegas. Con máis de 30 anos de traxectoria, traballa regularmente con diversas compañías de teatro galegas tales como Ollomol Tranvía, Teatro de Aquí, Talía Teatro ou Produccións Excéntricas. Froito deste traballo como actor, director o dramaturgo teatral Avelino González foi merecedor, ata o momento, de cinco premios María Casares. Igualmente, é un recoñecido actor de cine e televisión e nos últimos anos participou en diversas series de éxito da TVG: Padre Casares, A Vida por Diante, Terras de Miranda e Rías Baixas, ademais de outros proxectos audiovisuais fora de Galicia como Piratas, Cuéntame ou Heroína. Como director de teatro, conta cunha traxectoria chea de éxitos, como Sede de Mal de Boneca Lareta, Vento Mareiro de Avelino González, A Historia de Brancaflor de Fran Rei, Bicos con Língoa de Talía teatro, Dous no Camiño de Culturactiva SCG, Crónica de Avilés de Taramancos de Falabarto ou Love letters de Lagarta, lagarta.
Culturactiva leva máis dunha década traballando na produción de espectáculos e montaxes teatrais, ámbito no que destaca con diversas obras. Deste xeito, impulsa agora Sénior.