in

Alba Fernandez Cotelo participa no Sólodos en Danza Costa Rica

AlbaFernandez |
Alba Fernández

Alba Fernández Cotelo, que resultou gañadora do na edición de Ourense do Certame Sólodos en Danza co seu traballo On, participa da xira Sólodos en Danza Costa Rica 2018, que se desenvolverá por diferentes provincias do país americano ata o 17 de marzo. O proxecto comeza en Limón para continuar en Pérez Zeledón, Rio Claro, Quepos, Cartago, Alajuela, Santa Clara de San Carlos, Tilarán e San José.

 

Formada no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña, Alba Fernández Cotelo especializouse en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando Martén, Ana Beatriz Pérez, Kirenia Martínez e Alexis Fernández. Completou a súa formación na Academia de Danza e Teatro Artestudio e na Asociación Cultural Manicómicos, entre outras, cursando teatro, técnicas de circo, bailes latinos e acrobacias aéreas.

Formouse en Danza Urbana en diferentes centros en España e Londres. Titulada como Profesora de Danzas Urbanas pola Urban Dance Factory de Barcelona (Hip hop School, Irene Pallarés), segue en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional.

Actualmente é co-coreógrafa e bailarina, con Estefanía Gómez, da Compañía de Danza Urbana e Contemporánea Exire, despois de 10 anos xirando por toda a xeografía galega.

 


Publicidade

Do 21 de febreiro ao 17 de marzo, a programación do Festival Sólodos en Danza estenderase polas provincias do país nun programa que inclúe propostas de México, Panamá, EE. UU., Xapón, España e Costa Rica. Sólodos en Danza é un Festival e Certame de creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea que ten lugar en Costa Rica e no Estado Español. A reunión de Costa Rica está coproducida polo Centro Cultural de España en Costa Rica.

Sólodos en Danza é tamén unha plataforma cultural de intercambio e cooperación cultural que traballa con diferentes proxectos artísticos e culturais en Europa e América. Xera mobilidade e colaboración entre institucións públicas, empresas privadas, artistas, festivais de baile, proxectos ambientais e sociais relacionados coa cultura. O motor do festival é promover a creación escénica contemporánea promovendo o traballo de mozos creadores iberoamericanos.

O programa comezou o 21 de febreiro coa Xira de Artistas Nacionais e Internacionais a través das distintas provincias do país. Seguirán programacións, foros, talleres, conversas… para rematar o 17 de marzo co Certame de Creación de duos e solos en danza contemporánea, que se celebra no Parque de Barva de Heredia dende hai seis anos.

O programa completo de Sólodos en Danza Costa Rica 2018 pódese consultar aquí.

 

| Foto: Eduardo Castro Bal |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

vigoenbruto2 |

Convocatoria para o Festival Vigo en Bruto 2018

CarlosSantiagoARamos |

A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago