in

‘Casa de bonecas’ na Coruña

casadebonecas3 |

Coincidindo coa función de Estudo Momento, preséntase a nova colección de Positivas e o premio Luísa Villalta ás iniciativas culturais pola igualdade.

 

A compañía teatral Estudo Momento leva hoxe ao Centro Ágora da Coruña, dentro do proxecto “Clásicos nunha hora”, 1879. Casa de bonecas, unha versión de 60 minutos, asinada por Xoán Carlos Mejuto, do texto de Ibsen. A obra –estreada en novembro e escollida para celebrar o Día da Muller en Arteixo, dentro do ciclo Arteixo activo… en feminino– recupera a personaxe de Nora Torval como pioneira da loita polos dereitos da muller. Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares dan vida aos personaxes creados por Ibsen, a iluminación corre  cargo de Antón Arias, conta con vestiario de Carme Casal e coa música de Tito Barbeito.


Publicidade

Coincidindo con esta función, Edicións Positivas presentará a nova colección DiTeatro, que se abre precisamente con este título. Son moitas as novidades que promete esta colección, cambios relacionados coa edición e mesmo coa distribución dos textos teatrais. Segundo a editorial, son “cambios necesarios para aumentar a lectura de teatro, así como unha maior consideración deste xénero literario”. Entre outras cousas, adiantan que tentarán que ningún título supere os 5 € de prezo.

Ao mesmo tempo, a representación servirá como presentación oficial do premio Luisa Villalta ás iniciativas culturais pola igualdade que, convocado pola Deputación da Coruña, obtivo o ciclo “Clásicos nunha hora”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

premiborn |

Convocado o Premi Born de Teatre

3por3 |

Programa especial “3×3” no Auditorio de Vigo