in

Galicia no III Festival Visibles

Visibles |

Do 6 ao 29 de abril, a sala Tarambana de Madrid organiza o III Festival Visibles de arte inclusiva, un festival que, en palabras dor organizadores “naceu co obxectivo de poñer un gran de arena para que, dende o que nos compete e sabemos facer, dende a arte, axudemos a que se normalice a integración das persoas con ¿discapacidade?”.

A compañía Eudanza e Laura Llauder presentarán no seo deste festival “Corpos en trama” “Alma a terra”, un espectáculo de danza composto de dúas partes.

En Corpos en trama, báilase nunha coreografía o desastre ecolóxico do Prestige, o buque petroleiro que afundiu en Galicia en 2002. Unha homenaxe aos voluntarios que axudaron a eliminar o fuel, con baldes e coas súas propias mans. Desde a conciencia ecolóxica na coreografía, desde o respecto pola natureza, o impulso grupal de fondo e verdadeiro da esencia humana. Preséntase o proceso en movemento dun grupo heteroxéneo como un proceso terapéutico cargado de veracidade e beleza estética. Báilase a arte das relacións e da vida. A danza considerada como ferramenta terapéutica. Báilase a forza, a improvisación, a creación, a espontaneidade, o encontro da diversidade de cada persoa en integración (síndrome de Down, espectro autista, síndrome de Asperger, persoas con e sen discapacidade e outras dificultades).

En Alma a terra, face aos recentes acontecementos en Galicia cos incendios –di a autora– teño a necesidade de expresar ese sentimento e movelo e contribuír á transformación social a través da arte… o movemento das follas das árbores, o paseo a cabalo , a escoita do son do vento, o aletexar dun paxaro, a caída das follas no outono, os camiños que estamos trazando, sendeiros de vida … momentos de cambio, de alerta, de medos, de loitas … onde a Terra precisa un corpo, un corpo vivo que leve as rédeas de onde imos…

A dirección e a coreografía son de Laura Llauder e o elenco está formado por Ruth Vázquez, Maia Garcia, Xoán F. Ghanime, Iara Pérez , Norma Rivera, Cosme Caldas, Denís Caldas, Pedro Agustín Riveira , Vanesa Carrera, Joel de Lorenzo Beltrán, Lucas Valdés e Iroko Abreu.


Publicidade

 

Ademais, Gaspar Broullón, Premio Mestre Mateo 2017 ao mellor Realizador e Vitoria Teijeiro da Quinta da arte, presentan o seu documentario A gran festa sobre o espectáculo de teatro na rúa interpretado por máis de 40 actores, con e sen discapacidade, realizado no verán do 2017 na praza de María Pita da Coruña. Ao término do fime haberá unha mesa redonda con Victoria Teijeiro, David Ojeda, Lucía Fernández e artistas participantes no documental.

O programa completo do festival pode consultarse aqui.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3por3 |

Programa especial “3×3” no Auditorio de Vigo

artika |

Concedidas as axudas da AGADIC a salas escénicas