erregueté | Revista Galega de Teatro

PUBLICIDADE

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no seu web a resolución das subvencións a salas de artes escénicas para 2018, mediante a que distribúe os 70.000 euros convocados entre cinco locais da Coruña, O Porriño e Vigo.

Estes espazos son (23.100 euros) e Sala Teatro Ártika (21.840 euros), ambas en Vigo; (12.927 euros) e Sala Gurugú (6.928 euros), na Coruña; e a Sala Ingrávida (5.203 euros) do Porriño. A través deste apoio económico, a Agadic busca contribuír ao mantemento da actividade destes locais, de xestión privada, para desenvolver programacións artísticas de carácter profesional.

Entre os criterios que se tiveron en conta na adxudicación das subvencións, valorouse a antigüidade das empresas xestoras, a súa pertenza á Rede Galega de Salas, o número de funcións en cartel (excluídas as programadas a través da devandita rede), o número de días con actividade aberta ao público, a contratación de compañías galegas, o desenvolvemento de programas complementarios (fomento de novos creadores, formación ou colaboración con centros de ensino), o plan de comunicación e xestión de públicos e os recursos humanos implicados.

Compartir

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!