in

Comeza a terceira edición do Festival de Maxia de Ourense

|

A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín. Terra Máxica comeza este ano en Allariz cunha charla formativa do Mago Teto, A incrible historia da maxia. Este domingo 18 o Mago Teto estrea, tamén en Allariz o seu novo espectáculo Alquimia.

Terra Máxica é un proxecto que procura a posta en valor do noso patrimonio cultural a través de maxia co fin de dinamizar a vida cultural da provincia de Ourense. Nace da idea do traballo en rede e cooperativo entre un grupo de entidades municipais da provincia na procura de suplir eivas na política cultural que administracións superiores non dan ou queren abranguer: os Concellos de A Rúa, Allariz, Barbadás, Baños de Molgas, Verín e Viana do Bolo son os iniciadores deste proxecto que chega con ánimo integrador e de expansión coa idea de estender a nosa Terra Máxica polo país en futuras edicións.

Esta edición do Terra Máxica chega, ademais, con dúas estreas absolutas, Saaabor! de Culturactiva e Alquimia do Mago Teto. Outros espectáculos serán O meu avó é mago de Mundomandarina, Sen palabras do Mago mimo Anyo e Código de Dani García.

 

 


Publicidade

Terramaxicacartel |

 

 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

artika |

Concedidas as axudas da AGADIC a salas escénicas

XerrasMaríaCasares |

Os María Casares celebran o corenta aniversario do teatro profesional en Galicia