O Teatro Colón acollerá entre os días 18 e 29 de xuño unha programación especial, froito da colaboración entre a Deputación e o Concello da Coruña, na que o actor e director John Strasberg impartirá un conxunto de actividades coas que achegará as técnicas interpretativas do seu “Proceso Creativo Orgánico”.
ACTUALIZACIÓN: a proxección do filme Accidentalmente a propósito, pasa ao mércores 27 de xuño.
O recoñecido escritor, actor e director neoiorquino, John Strasberg, levará a cabo o vindeiro mes de xuño un conxunto de actividades formativas orientadas a todas aquelas persoas interesadas no mundo da interpretación e a formación actoral, e nas que exporá as claves das “Nove Leis da Creatividade” que intergan o seu “Proceso Creativo Orgánico”.
O primeiro dos eventos programados será a realización dun Taller de Actuación para actrices e actores entre os días 18 e 29 de xuño. Dúas semanas de formación intensiva na que baixo a dirección de Strasberg, 24 persoas poderán traballar -en parellas- co mestre da interpretación. Desde a xornada de hoxe, as persoas interesadas en participar nesta actividade formativa poden matricularse nunhas sesións formativas que teñen un custe de 450 euros para participantes, e de 15 euros ao día para asistir como ouvinte. Neste último caso, contémplanse soamente 20 prazas.
A segunda actividades terá lugar no Teatro Colón o 22 de xuño ás 20:30 horas coa proxección do filme Accidentalmente a propósito, unha peza na que recoñecidos actores describen a traxectoria de John Strasberg, e que precederá a un coloquio na que se poderá charlar co director. A entrada a este acto será completamente de balde, previa retirada dos tickets na billeteira ou na web do Teatro Colón.
Será tamén este teatro o escenario escollido para levar a cabo a última das sesións desta programación especial. Así, o vindeiro 29 de xuño dende ás 20:30 horas, terá lugar unha Masterclass na que John Strasberg exporá as claves precisas para comprender o as “9 Leis da Creatividade”, coas que desenvolveu o “Proceso Creativo Orgánico”. O evento estará moderado polo actor Mateo Franco, sendo gratuíta a entrada ao mesmo, previa retirada dos tickets na billeteira o una web do Teatro Colón.
John Strasberg é un actor, escritor e director norteamericano. Fillo de Paula e Lee Strasberg –o fundador do mítico Actor’s Studio–, dirixiu produccións de Shakespeare, Ibsen ou O’Neil, entre outros. Así mesmo, é autor do libro e filme Accidentally on Purpose, onde describe as súas técnicas e experiencias.
Na actualidade, comparte os seus coñecementos ensinando o denominado “Proceso Creativo Orgánico”, unha técnica que define e adestra o talento, a imaxinación, a intuición e a inspiración espontánea e que se distingue da dos seus predecesores en que se afasta do mundo lineal newtoniano para dirixirse a unha vida máis espontánea que está en constante cambio e movemento.
Pódese solicitar a matrícula no seguinte enderezo electrónico:
[email protected]