in

Paula Quintas estrea ‘Plastic’ en Ourense

PaulaQuintasPlastic |

O 28 de Abril no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20.30, e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, estréase o espectáculo Plastic da compañía Paula Quintas · Traspediante, dirixido por Rut Balbís.

Desde a antítese ou retórica, PLASTIC propón unha recuperación da memoria corporal desde dentro cara fóra. Cómo emanan substancias desde o noso interior e as podemos trasladar a un código plástico – estético e conservalo? Partindo do corpo como contedor, como si dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o vaciado.

A imaxe da Barbie nos revela un posicionamento social da muller anclado nunha visión da muller ideal, de medidas perfectas, que vive unha vida perfecta. Así todas as rapazas, sobre todo, as que xogaron cunha Barbie podían idealizar a súa vida como muller adulta deste xeito. Unha invitación a coidar máis o plano externo que o interno como persoa, preocupados só polo que a imaxe di de nós cara o resto da comunidade.


Publicidade

 

Dirección artística e coreografía: Rut Balbís
Interpretación: Paula Quintas
Vestiario: Fany Bello
Iluminación e escenografía: Afonso Castro
Produción e distribución: Belém Brandido e Manu Lago
Fotos: Íñigo Rodrigo Román e Fotográfica Oviedo
Produción: TrasPediante
Colaboran: Pistacatro, Galicia Danza Contemporánea, Centro Coreográfico Galego, Concello de A Estrada, Auditorio Municipal de Ourense, Concello de Negreira

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

flags |

Rolda internacional: 22 / 4 / 2018

XVLugomaxico |

XV Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico