O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día das Legras Galegas, que terá lugar o xoves 17 de abril, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago.
Con tal fin, organizarase un total de seis visitas guiadas en horario de mañá (10.00, 12.00 e 13.30 h) e de tarde (16:30, 18.00 e 19:30 h), gratuítas e axeitadas para todos os públicos. As prazas limítanse a 10 persoas en cada quenda de 45 minutos de duración e adxudicaranse por orde de solicitude entre as persoas que se inscriban antes do 16 de maio a través dos teléfonos 881 867 229 / 227, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou no correo electrónico [email protected].
“Non tiveches nunca a impresión de que había dentro de ti algo que quería voar?”, cita da autora homenaxeada este 2018, María Victoria Moreno, no libro Anagnórise, serve de lema para estas visitas, que darán comezo no exterior do teatro.