in

Pechado o elenco para a nova coprodución de Pisando Ovos

Directo93 |

O pasado 9 de maio celebrouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha proba de selección de intérpretes para o peche do equipo da coprodución da compañía con Agadic – Xunta de Galicia e o Centro Coreográfico Galego ao que se presentaron 48 persoas. A organización confésase abraiada pola asistencia e anuncia que o espectáculo creado e dirixido por Rut Balbís será interpretado finalmente por 4 e non 3 intérpretes: Fran Martínez, Jas Processor, Raúl Pulido e Laura Villanueva.

Directo 9 será estrenado a finais de setembro no Teatro Ensalle de Vigo.

O espectáculo é unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns.

Directo 9, a novena peza de Pisando Ovos e primeira na que Rut Balbís non forma parte do elenco. Ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión. Directo 9 ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente e busca crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial, un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todxs xs asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas.


Publicidade

 

Ficha do espectáculo:

Creación e dirección Rut Balbís
Axudante dirección Janet Novas
Intepretación Fran Martínez, Jas Processor, Raúl Pulido, Laura Villanueva
Deseño de iluminación Afonso Castro
Deseño espazo sonoro e deseño gráfico Jas Processor
Produción, distribución e fotografía Manu Lago
Vídeo Miramemira
Colaboran
Teatro Ensalle de Vigo
Centro Dramático Galego
Galicia Danza Contemporánea
NORMAL
Coproduce
Centro Coreográfico Galego – Agadic – Xunta de Galicia

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

metrocadrado |

Aberto o prazo de inscrición para o II Certame de Microteatro m² do FIOT de Carballo

theater 568051 1280 |

Escénika 2018. Cursos de verán na ESAD de Galicia