Están abertas as candidaturas para a ‘Escola de Verão para Atores 2018’ que organiza o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, co tema “Shakespeare, Sonetos, Sequências”.
A Escola de Verão para Atores 2018 consiste nunha formación intensiva dirixida a actores profesionais e estudantes de teatro que acontece en pleno Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo, proporcionando unha experiencia singular de formación en réxime de residencia aberta con un formador de recoñecido mérito para cada unha das áreas abordadas:
- Criação I – Guillermo Heras
- Teoria do Teatro Isabelino – Alexandra Moreira da Silva
- Criação II – Graeme Pulleyn
- Movimento – Isabel Barros
- Criação III – Ricardo Simões
- Voz – Teresa Lima
- Iluminação – Antonio Simón
Existem 25 prazas para participantes e 50 prazas para asistentes, modalidade destinada a investigadores, profesores, xornalistas e críticos de teatro que poderán acompañar os traballos no centenario Teatro Municipal Sá de Miranda. O prazo de admisión de candidaturas remata o 6 de xullo.
As candidaturas serán avaliadas de acordo coa experiencia profesional e as motivacións dos candidatos. A matrícula da Escola de Verão para Atores ten un custo total 150 euros, que inclúe aloxamento durante 12 noites en Viana do Castelo.
As inscricións deben facerse a través do formulario da páxina: http://centrodramaticodeviana.com/index.php?lg=1&id=105.
A admisión dos candidatos será notificada por correo electrónico o dia 11 de xullo.