in

Escola de Verán para Actores e Actrices en Viana do Castelo

EscolaViana2018

Están abertas as candidaturas para a ‘Escola de Verão para Atores 2018’ que organiza o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, co tema “Shakespeare, Sonetos, Sequências”.

A Escola de Verão para Atores 2018 consiste nunha formación intensiva dirixida a actores profesionais e estudantes de teatro que acontece en pleno , en Viana do Castelo, proporcionando unha experiencia singular de formación en réxime de residencia aberta con un formador de recoñecido mérito para cada unha das áreas abordadas:

  • Criação I – Guillermo Heras
  • Teoria do Teatro Isabelino – Alexandra Moreira da Silva
  • Criação II – Graeme Pulleyn
  • Movimento – Isabel Barros
  • Criação III – Ricardo Simões
  • Voz – Teresa Lima
  • Iluminação – Antonio Simón

Existem 25 prazas para participantes e 50 prazas para asistentes, modalidade destinada a investigadores, profesores, xornalistas e críticos de teatro que poderán acompañar os traballos no centenario Teatro Municipal Sá de Miranda. O prazo de admisión de candidaturas remata o 6 de xullo.

PUBLICIDADE

As candidaturas serán avaliadas de acordo coa experiencia profesional e as motivacións dos candidatos. A matrícula da Escola de Verão para Atores ten un custo total 150 euros, que inclúe aloxamento durante 12 noites en Viana do Castelo.

As inscricións deben facerse a través do formulario da páxina: http://centrodramaticodeviana.com/index.php?lg=1&id=105.

A admisión dos candidatos será notificada por correo electrónico o dia 11 de xullo.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    circochoscobaixaweb

    Circo nos parques de Compostela

    PatriciaDeLorenzo2

    Patricia de Lorenzo intervén n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña