Do 13 ao 15 de xullo terá lugar a segunda edición de Ext-cénica, o Festival de Artes Escénicas de Rúa.
Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos. Diferentes prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro de rúa,…que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
Programa
VENRES 13 DE XULLO
Plato, platito, platete. Praza Esther Pita, ás 20:00 horas.
Javi Javichy realiza un espectáculo de clown e malabares cheo de emoción.
Muum máis danza. Praza do Castelo, ás 21:30 horas.
O dúo Muum mestura percusión, guitarra, electrónica e voces con danza.
SÁBADO 14 DE XULLO
Contiguo. Praza Esther Pita, ás 12:30 horas.
A Compañía IO realizará un espectáculo único no que se xunta acrobacia, música e danza.
MounQup + IGMIG. Praza do Castelo, ás 21:00 horas.
MounQup ofrece un universo musical onde as bases electrónicas mestúranse con multitude de voces, tanto suaves como potentes.
DOMINGO 15 DE XULLO
Ricki, el profesor de tenis. Miradoiro de Santa Ana, ás 12:30 horas.
A Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite.
Agua, Nexos e Impermeable. Parque José Martí, ás 21:00 horas.
As compañías Senpü, Exire e Elahood traen ás rúas de Oleiros os seus espectáculos artísticos de danza contemporánea.